#Claves de la semana
EN VERÍN (OURENSE) DO 8 AO 30 DE MARZO DE 2016

A mostra da XI Bienal de Pintura Eixo Atlántico chega a Verín (Ourense)

A bienal, organizada polo Eixo Atlántico en colaboración coa Fundação dá Juventude (FJ) de Portugal, é a única exposición itinerante que se realiza entre dous países da Unión Europea.


|


Primeiro Premio á mellor obra da XI Bienal á obra “S/T” de Olmo Blanco Fuente (Galicia) 


A mostra da XI Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2015-2016, exhibirase, desde o martes 8 ao mércores 30 de marzo, no sala de exposicións da Casa da Cultura de Verín.


Un total de 29 traballos inéditos de creadores e creadoras galegos e portugueses, seleccionados entre máis de 100 traballos admitidos a concurso, conforman a exposición itinerante da bienal, promovida polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular co apoio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.


A bienal, organizada polo Eixo Atlántico en colaboración coa Fundação dá Juventude (FJ) de Portugal, é a única exposición itinerante que se realiza entre dous países da Unión Europea. O seu principal obxectivo é favorecer un espazo de promoción e de intercambio de novos creadores e creadoras da Eurorrexión.


A XI Bienal de Pintura percorrerá, ata abril de 2017, varios municipios de Galicia e do Norte de Portugal.


O galego Olmo Blanco, gañador da bienal


A pintura en acrílico sobre madeira tallada do galego Olmo Blanco Fuentes foi a obra gañadora do primeiro premio da bienal de 2015-2016. O segundo premio foi para os traballos ‘The first date’, de Rui Sousa, na categoría de autor portugués, e, na de autor galego, ‘Non teño nada’, de Raquel Martínez Ortiz. O premio de novos talentos recaeu en ‘Lady by the sea’, de Diogo Castro, e recibiron mención especial as obras ‘Somos erros na resaca V’, de Anaí Lago, e ‘Série III, Construção II’, de Maria de Fátima Teles da Silva.


Unha exposición única


A bienal, organizada polo Eixo Atlántico xunto coa Fundação dá Juventude (FJ) de Portugal, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, é a única exposición itinerante entre dous países da Unión Europea e ten como principal obxectivo favorecer un espazo de promoción e intercambio de novos creadores e creadoras da Eurorrexión.


A grupación Europea de cooperación territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín adquiriu o martes 16 de febreiro a condición de membro do Eixo Atlántico en substitución do municipios de Chaves e Verín.


A inclusión da AECT no Eixo fortalecerá a coordinación na xestión de actividades, proxectos e axudas de carácter transfronteirizo que o Eixo Atlántico pon a disposición dos municipios anualmente, entre elas: a promoción do destino Visit Chaves-Verín na feira Expocidades, a bienal de pintura en Chaves-Verín, os Xogos do Eixo ou as axudas ao plan para a xestión de residuos de Chaves-Verín, traballos levados a cabo pola Axencia de Ecoloxía urbana do Eixo.


Video da Primeira inauguración


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE