#Claves de la semana

​O profesorado galego quere recuperar “o que leva posto” para saír da crise

Anpe asegura que cada profesor ten contribuído con 7.000 euros a través do recorte das súas pagas extras dende 2013


|




O presidente de Anpe Galicia, Julio Díaz, ten unha mensaxe clara para a Xunta. “Está ben invitar a copas, pero cos cartos dun, non cos cartos dos demais”. Por iso lle reclaman á administración autonómica que lle reintegre ao profesorado “o que leva posto” durante estes anos para saír da crise. a través da reducción das súas pagas extras dende 2013.


Recrimínalle a Alberto Núñez Feijóo que leve tempo decindo que “somos o number one” das comunidades autónomas, que cumprimos co déficit… sen recordar a contribución dos funcionarios públicos. Considera que se efectivamente somos a comunidade máis saneada “non é de recibo” que sexa “a única na que se nos están recortando as pagas extras”.


Denuncian que Galicia é a única comunidade na que permanece vixente dende o ano 2013 “un recorte do 40% en cada unha das nosas pagas extras, que supón un 4% do soldo a nivel anual”. Cifran en 7.000 euros o que leva posto cada docente para saír da crise, un cálculo no que inclúen as pagas que xa non contan con percibir íntegras en 2017, e anuncian unha “campaña intensiva” para conseguir o reintegro destes cartos.


Se ao recorte das pagas extras lle sumamos a perda de “1.400 efectivos nos últimos 8 anos” entre o profesorado, chegan á conclusión de que dende a administración “levan aforrados 400 millóns de euros para saír da crise” a costa do profesorado


Aseguran que levan tempo trasladándolle a súa reclamación á consellería de Educación, por última vez na mesa de negociación reunida en febreiro. 


Esta reclamación prodúcese despois de que este ano a administración decidise devolverlle aos funcionarios  públicos durante este ano aa paga extra recortada en 2012. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE