#Claves de la semana
"Cando as neuronas bailan", é o título da exposición que estará ata o 3 de xulio

César Prada, expón no Museo Municipal de Ourense

Poderase ver até o 3 de xullo nas salas I e II


|

Este xoves inaugurarouse a exposición, coa asistencia do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do artista


Cando as neuronas bailan, a última proposta expositiva do artista César Prada (Ourense, 1951), inundará de cor as salas I e II do Museo Municipal de Ourense. Unha escolla de pintura, de escultura e mesmo unha proxección son algunhas das obras que poderemos visitar todos os ourensáns até o vindeiro 3 de xullo, compartindo ademais o espazo coa campaña de animación á lectura para a mocidade, unha combinación “explosiva” para a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, quen coincidiu co artista na necesidade de educar no amor pola arte ás novas xeracións.


A mostra está composta por “materiais que son universos”, explicou o autor. A rúa dos viños, recordos de vellos amigos, a inspiración da súa compañeira Isabel ou mesmo a carraxe de ver a tanta xente nova sen traballo son algunhas das cousas que o levaron a pintar ou esculpir as máis de 50 obras que se poden ver no espazo da rúa Lepanto. Pero tamén a inspiración doutros artistas que admira, como Picasso, Kandinsky ou o propio Zapata.


Na exposición, ademais dos corenta cadros de grande e medio formato, hai bocetos, hai debuxos e hai esculturas que forman parte do camiño que o levou até aquí e que segue a inspiralo, na súa curiosidade infinita. Malia que é, posiblemente, unha das exposicións máis íntimas de Prada, o propio artista deixa claro no catálogo da mesma -confeccionado polo seu fillo Alexandre- que mira cara adiante e o camiño segue.


A directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense, Eva Torres, presentou con emoción esta nova exposición, logo do éxito que tivera a primeira exposición, dez anos atrás, tempo no que Prada forma parte dos fondos propios do Concello de Ourense.


O Artista Cesar Prada, e o escritor Edelmiro Vázquez Naval, colaborador no catálogo da exposición

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE