#Claves de la semana

​Unha marcha denuncia o uso da empresa pública Seaga como “unha ETT”

Traballadores camiñan dende Pontecesures ata Compostela, denunciando a "precarización" do persoal desta empresa


|



Traballadores da empresa pública Seaga, que participa nas labores de extinción de incendios forestais, camiñan este vernes dende Pontecesures en dirección a Santiago de Compostela. O obxectivo, denunciar que a Xunta está usando esta empresa “como unha ETT”.


Tras unhas seis horas de camiñada, ten previsto chegar en torno ao mediodía ata as mismas portas da Xunta, onde protestarán contra a "precarización" destes traballadores, que "só están contratados tres meses ao ano".


Denuncian que o cadro de persoal desta empresa se viu reducido a un cuarto nos últimos anos, pasando de 2000 a 500 efectivos, algo que vén como clara consecuencia da falta de definición nos labores de extinción de incendios, cun total de 11 entes dependentes da Xunta , concellos e Estado, entre outros.


Tamén acusan á Xunta de incumprir de forma "deliberada" a lei de funcionamento e racionalización do Estado e a Administración galega (Lofaxga), na que se recolle que todos os entes e empresas públicas adaptarán as súa condicións ás contempladas no V Convenio.


DEMANDAS


Segundo destaca a CIG, todo isto acontece mentres os traballadores de Seaga gañan demandas nas que se lles recoñece o dereito á retribución por nocturnidade (hai máis de 200 denuncias pendentes) ou a gozar de permisos e á cuantificación das horas extra, segundo destaca a CIG..


Ademais, os empregados de Seaga remarcan que o próximo 9 de xuño se celebrará un xuízo pola presentación de conflito colectivo, xa que nos contratos destes traballadores figura que teñen dereito a ser contratados polos períodos decretados pola Xunta de alto risco, pero con todo só son contratados por un período estrito de tres meses.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE