#Claves de la semana

Califican de “contos electorais” a promesa de reducción de listas de espera

A Coordinadora Anti-privatización da sanidade pública esixe un “plan de emerxencia sanitaria”


|





paquete de medidas no ámbito sanitario anunciado este xoves polo presidente da Xunta, que inclúe cinco millóns para reducir as listas de espera, non convence en absoluto á Plataforma Anti-privatización da Sanidade pública.



Dende esta plataforma condenan taxantemente “contos electorais” que segundo eles se repiten con cada nova campaña. Aseguran que este gobernó “tivo 4 anos para reducir as listas, e lexos de melloralas, as aumentaron durante todo este tempo”.



Recordan as cifras oficiais de preto de 300.000 galegos agardando nas listas de espera, e denuncian que en realidade son máis porque “hai doentes que teñen que esperar meses para ser incluidos nas listas, e outros son apartados delas cando deciden no ser atendidos na sanidade privada”.



Aseguran que o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo está “a rirse das galegas e galegos, que cree que imos a poñernos moi contentos con este tipo de estratexias vellas herdeiras do franquismo”.




Esixen que se poña en marcha “un plan de emerxencia sanitario” para reatar coas listas de espera, que poña “a pleno rendemento “todas as instalación sanitarias públicas para evitar derivacións á sanidade privada e que “contrate persoal en condicións dignas e non por horas” para que poidan facer o seu traballo “con dignidade e coa máxima calidade da que son capaces”. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE