#Claves de la semana

O comité das primarias do PSdeG envía un aviso tras a queixa de interventores polas votacións

Unha interventora quéixase de que as votacións transcorrían sen cumprir o protocolo de comprobación do nome do elector co censo.


|



O Comité Organizador Nacional das primarias do PSdeG e a Comisión Nacional de Garantías Electoral enviaron unha advertencia á agrupación de Vigo tras a queixa presentada por unha interventora, vinculada á candidatura de Xoaquín Fernández Leiceaga, por como se estaban desenvolvendo as votacións.


Concretamente, esta incidencia no marco das eleccións internas para elixir candidato á Presidencia da Xunta, na que se enfrontan Leiceaga e José Luis Méndez Romeu, produciuse na mañá deste sábado debido a que, segundo as fontes consultadas, as votacións transcorrían sen cumprir o protocolo de comprobación do nome do elector co censo.


Sobre as 13,00 horas, chegou a Vigo un aviso do comité organizador e do comité de garantías no que avisaban á agrupación, que lidera o alcalde Abel Caballero --que apoia a Méndez Romeu--, que á hora de votar ten que dicirse en "alto" o nome do elector antes de emitir o sufraxio.


"Non deixaban ver aos interventores os nomes e impedíanlles ver se coincidían co censo", explicaron fontes desa agrupación que apoian a Leiceaga.


O escrito do comité de garantías e organizador, que asinan Xaime Barreiro Gil e Pilar Cancela, chegou ao redor das 13,00 horas, cando, segundo os datos das mesmas fontes, votaran preto de 300 persoas.

relacionada ​Méndez Romeu e Leiceaga enfróntanse nunhas primarias que se prevén axustadas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE