#Claves de la semana

Este verán xeraranse 49.000 empregos en Galicia

Esta previsión de contratación, proporcionada por Adecco, suporía un aumento dun 8% con respecto a 2015


|



As previsións de Adecco para este verán son optimistas. Esta firma prevé que este verán se crearán máis de 49.000 empregos en Galicia, unha cifra que  suporía un aumento de entre un 7% e un 8% con respecto a 2015.


Por provincias, Pontevedra, con case 23.900 contratos, liderará a contratación en Galicia (a décima provincia de España con mellores cifras), seguida da Coruña (19.700), mentres Lugo e Ourense quedarán nuns 2.700 novos traballos cada unha. Aínda que Pontevedra, Lugo e Ourense terán subidas mínimas respecto de 2015 (de ao redor do 2%), A Coruña terá un repunte do 20%.


Segundo Adecco, as profesións máis demandadas no verán serán cociñeiros, camareiros, axudantes de cociña, carretilleiros, teleoperadores e dependentes, entre outros.


No conxunto de España,  Adecco estima que a campaña estival supoñerá 1.100.000 empregos, un 10% máis, mentres que Galicia queda por baixo da media e se sitúa como a oitava autonomía que máis emprego xerará.




DATOS DE RANDSTAD



Pola súa banda, a compañía Randstad sinala que a nivel estatal esta campaña xerará 480.000 empregos en comercio, transporte, hoteis, restaurante, lecer e entretemento.



Deles, 21.000 serán en Galicia, unha alza do 7% respecto ao ano anterior, o cal está por baixo do 13,3% do conxunto de autonomías. É 2015 rexistráronse 19.756 contratacións na Comunidade galega, segundo esta empresa de recursos humanos nestes sectores.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE