#Claves de la semana

Gómez Noya di adeus a Río

O triatleta galego rompeu un brazo adestrando na bicicleta en Lugo e terá que pasar polo quirófano. "Pode ser o momento máis duro da miña vida", di o pentacampión mundial.


|

Javier Gómez Noya, pentacampión mundial de triatlon, sufriu unha fractura no seu brazo esquerdo que o obriga a pasar polo quirófano e a dicir adeus aos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.


O mércores pola tarde caeu "case en parado" mentres adestraba na bicicleta. As radiografías que lle fixeron no hospital confirmaron a gravidade da lesión: fractura con desprazamento na cabeza do radio.




O triatleta centrou esta temporada en chegar a punto á cita olímpica, deixando de lado o mundial. Por iso, se cabe, é máis difícil de asumir a ausencia: "É difícil de entender como de repente se vai todo o esforzo e ilusión que puxen nos Xogos Olímpicos. Pode ser que sexa o momento máis duro da miña vida deportiva. Pero non me queda máis remedio que asumilo e pensar en ter unha boa e rápida rehabilitación", lamentou Gómez Noya.


Con esta baixa, España perde unha das súas principais opcións de medalla nas competicións olímpicas.

relacionada ​Gómez Noya consigue el Premio Princesa de Asturias de los Deportes
relacionada O pentacampeón, Gómez Noya: "Non descarto pasar ao Ironman despois de Rio"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE