#Claves de la semana

Estabilizado o incendio de Monterrei tras queimar 145 hectáreas

Os equipos de extinción conseguiron controlar o lume durante a madrugada, despois de 12 horas de loita contra as lapas.


|

Incendioavionministerio

Un hidroavión descargas sobre o incendio. //Fonte: twitter @magramagob


A superficie afectada polo incendio declarado na tarde do venres no municipio ourensán de Monterrei elévase a 145 hectáreas, das cales 12 son de arborado, segundo as novas estimacións provinsionais da Consellería do Medio Rural.

En concreto, este lume iniciouse sobre as 17,30 horas deste venres na parroquia de Vilaza, en Monterrei, e en só cinco horas, chegou a afectar a 130 hectáreas. As chamas quedaron estabilizadas ás 5,30 horas da madrugada deste sábado.

Nos labores de control traballan un técnico, 11 axentes forestais, 19 brigadas, 12 motobombas, tres pas, dez helicópteros e catro avións.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente desprazou un avión anfibio tipo Canadair, de 5.500 litros de capacidade de descarga, e dous avións de carga en terra, para colaborar con Galicia na extinción deste incendio forestal. Estas aeronaves saíron das súas bases en Lavacolla e Xinzo de Limia.

De maneira complementaria, enviouse a este incendio unha Brigada de Reforzo en Incendios Forestais, procedente da base de Laza e unha Unidade Móbil de Meteoroloxía e Transmisións (UMMT), que saíu da base de Ourense.

relacionada El incendio de Monterrei sigue descontrolado
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE