#Claves de la semana

Carmen Santos pasa polo aro dunhas primarias únicas, con condicións

A secretaria xeral de Podemos Galicia aceptará a petición dos alcaldes sempre que se poidan sumar ao censo os inscritos da súa formación. Villares di que hai tempo e mecanismos para facelo.


|

Carmensantosvigotwitter


A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, subliñou que apoiará facer primarias sobre un censo común con En Marea "se é algo que se pode levar a cabo técnica e estatutariamente, cumprindo que os inscritos --de Podemos-- estean inscritos nel".


Así o publicou este martes en redes sociais, onde tamén destacou que non fixo "máis que traballar pola unidade popular e pola confluencia a través do fortalecemento de Podemos" e remarcou que "todo o que está a pasar é unha distorsión malintencionada, a pesar de certas diferenzas de proxecto e estatutos que --se deben-- pulir".


"Se hai xente que pensa que non estou a favor da confluencia e das mareas é sen dúbida --por-- algúns medios, con moita axuda de certas persoas deste proceso, cuxo obxectivo último e principal é que o PP gañe as eleccións", censurou, antes de insistir en que cre "nunha confluencia-unidade fraterna".


De feito, engadiu que "non conseguir o compoñente fraterno sería a peor das derrotas", ante o que agregou: "Espero de corazón que con altura de miras consigamos o que desexamos para Galicia e a súa xente".


Luisvillares


VILLARES CRE QUE HAI TEMPO E MECANISMOS


O precandidato de En Marea ás primarias, Luís Villares, insistiu este martes en Vigo no seu convencemento de que finalmente Podemos Galicia confluirá con En Marea porque as súas bases xa o asumen e "só falta o empurrón final" para que a dirección galega do partido morado o acepte.


Villares reiterou que En Marea é o "espazo natural" de Podemos, e que é un proxecto no que "caben todos". De feito, apuntou que a estrutura creada o pasado 30 de xullo nunha asemblea en Vigo "é suficientemente flexible como para que todo o mundo caiba dentro" e hai "mecanismos suficientemente áxiles" como para permitir as adhesións.


"Creo que sería viable propor neste momento a adhesión de toda a xente de Podemos que aínda está fóra, con simplemente a subscrición dos compromisos éticos e organizativos fundacionais, e a presentación da instancia correspondente. Hai tempo para iso e eu creo que imos alcanzar ese compromiso", aseverou, e engadiu que En Marea permite a dobre militancia e que "ninguén ten que renunciar ás súas siglas nin á súa organización interna".


Finalmente, Villares volveu a mostrar a súa confianza nun acordo con Podemos, aínda que matizou que el non mantivo contactos directos coa dirección dese partido, nin galega nin nacional. "Son un optimista impenitente e sei que se está traballando nesa dirección", sentenciou.

relacionada Críticos de Podemos proponen otro candidato a las primarias
relacionada ​Xuntos Podemos pide a Carmen Santos "mano firme" con En Marea
relacionada ​Alberto Garzón pide a Podemos que se integre en el partido instrumental
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE