#Claves de la semana

​Ameaza de escisión en Podemos

Os partidarios de se presentar en solitario ao 25S sosteñen que a consulta interna insta a "obter unha coalición con En Marea e non unha integración".


|

Criticospodemoshoriz

A la izquierda, Carlos Armada.


Críticos de Podemos Galicia ameazan coa ruptura e "comezar un camiño en solitario" se finalmente a marca do partido se dilúe en En Marea a través dunha integración "vestida de falsa coalición" para as eleccións do 25 de setembro, aínda que descartan presentarse a eses comicios en solitario.


Este mércores, o portavoz de Xuntos Podemos, Carlos Armada, mostrou o seu "apoio e confianza plena" na secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, a través dun comunicado no que asegura que é a "única representante" dos inscritos na formación morada e "o único cargo que pode representar ao partido neste proceso e a súa consecuente toma de decisións".


Así, Xuntos Podemos aposta por formar coalición pero non integrarse na marca En Marea, xa que supoñería perder a súa "propia identidade" como partido. "Calquera intento de integración de forma sibilina e pola porta de atrás vestíndoa dunha falsa coalición supoñerá que nos opoñamos a ela, denunciémola publicamente e ante as bases do partido", expresou.


Neste caso, porpoñerían aos inscritos de Podemos Galicia "iniciar un camiño en solitario" creando unha "propia marca branca" a modelo da que xa existe en Ames --Contigo Pódese--, aínda que descartaron presentarse ás eleccións do 25 de setembro por "falta de tempo". "Non buscamos ter un deputado, queremos o fortalecemento da marca", aclarou Armada en declaracións a Europa Press.


UNIFICAR "CENSOS"


Respecto da posibilidade de que se unifiquen censos entre En Marea e os inscritos de Podemos Galicia, Xuntos Podemos aclarou que "ese censo común sería para un proceso de primarias posterior aos procesos de primarias internos de cada formación".


Xuntos Podemos, que se denomina no seu comunicado como "representantes dese 25% dos inscritos de Podemos Galicia que votaron ir en solitario", defendeu que "non se pode facer un censo común" ata que "exista un acordo" entre ambas as formacións e finalizasen "os procesos internos independentes de cada partido".


"Desde Xuntos Podemos, e entendemos que desde a práctica totalidade das bases do partido, non teremos ningún problema para participar nunhas primarias, en que exista un censo común para esas primarias comúns e en que se realice unha coalición entre partidos", finalizou Xuntos Podemos, que reiterou que non admitirán que "se varíe nin unha coma" do acordado "polos inscritos, que é unha coalición".

relacionada ​En Marea amplía sus plazos para "facilitar la integración de Podemos"
relacionada Carmen Santos pasa polo aro dunhas primarias únicas, con condicións
relacionada ​Buitrón se presenta como la mejor opción para conseguir la unidad
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE