#Claves de la semana

Centos de animais son presas do lume na Serra do Barbanza

Voluntarios que colaboran na extinción dos incendios reportan multitude de casos de animais carbonizados, coma cans, cabalos, vacas, lebres, serpes ou raposos.


|

Serpientemonte


O impacto ecolóxico dos lumes destes días é moi superior ó de árbores queimados. Unhas das grandes vítimas dos incendios forestais son os animais que viven no monte, e que ano tras ano morren carbonizados ben por estar atados ou atoparse cercados polas chamas.  


A serra do Barbanza atesoura unha importante cabaña de cabalos e vacas, que esta noite se víu sorprendeida polo lume. Moitos destes animais non puideron fuxir e os seus corpos calcinados pódense ver desparramados polo monte.


Ademais, os voluntarios que estan axudando nas labores de extinción, falan de escenas dantescas con multitude de animais carbonizados coma cans, cabalos, vacas, serpes ou raposos.


Vox Anima, unha asociación animalista de Pobra do Caramiñal, alerta de que é moi perigoso ir ó monte sen máis, e que todos aqueles que desexen colaborar no rescate de animais deben pórse en contacto cos operativos da zona para coordinar as labores. 



Tamén aconsellan desprazarse a aldeas ou estradas próximas onde acaban concentrándose moitos animais que fuxen das lapas, ou despregarse por zonas perimetrais afastadas dos incendios para non poñer en risco a vida dos voluntarios.



relacionada Las hectáreas quemadas desde el lunes ya alcanzan las 8,800
relacionada Se extiende la plaga de fuegos con dos nuevos focos en Cercedo y Laza
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE