#Claves de la semana

​Poñer en valor o monte, entre as propostas para "rescatar o campo" o 25S

A Alianza Galega por un Medio Rural Vivo busca o compromiso dos candidatos á Xunta para a posta en práctica de propostas en materia ambiental, agrogandeira e de montes.


|

Montegalego


A Alianza Galega por un Medio Rural Vivo dirixirase aos distintos candidatos á Presidencia da Xunta para pedirlles que asuman o compromiso de lexislar para "rescatar o campo galego da difícil situación na que se atopa".


Neste sentido, animaranlles a subscribir un documento titulado 'Compromiso por un mundo rural galego vivo', que contén propostas en materia ambiental, agrogandeira e de montes, e recolle a situación do medio rural galego e as súas problemáticas, incluídos os incendios forestais.


Ese documento trasladarase aos partidos que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro para que se comprometan a levalas á práctica.


MEDIDAS CONCRETAS


Entre outras medidas, o portavoz da Alianza, Xosé Alfredo Pereira, concretou que figura un modelo de explotación diversificada do monte fronte ao actual monocultivo de eucaliptos, que ten como "único obxectivo" o abastecemento da fábrica de Ence en Lourizán, en palabras do presidente da APDR, Antón Masa.


A este respecto, Masa citou unha recente sentenza da Audiencia Nacional que ratifica a prohibición de plantar 'Eucaliptus nitens' nunha parcela asturiana, como pretendía Ence, asumindo que se trata dunha especie con "forte carácter invasor" e que é "un risco para a biodiversidade".


É por iso que, agora, a Alianza solicita a todos os partidos que concorren ás eleccións que prohiban a súa plantación en toda Galicia.


En canto ao modelo de explotación diversificada, o obxectivo é poñer en valor as potencialidades do monte "a nivel social e económico" e crear valor engadido. Asumir as medidas contidas neste documento sería, segundo Pereira, "a solución a longo prazo" contra os incendios forestais.


relacionada ​WWF: "Os incendios non teñen por que ser un mal endémico"
relacionada Centos de persoas protestan por uns montes convertidos nunha "polvoreira"
relacionada As pistas forestais, imaxe da política de prevención de lumes
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE