O Celta xa coñece os rivais na Europa League
O equipo vigués enfrontarase na fase de grupos ao Ajax, Standard de Lieja e Panathinaikos. Berizzo avisa: "non imos ser rival fácil para ninguén".
O Celta xa coñece os seus rivais na fase de grupos da Europa League que empeza o 15 de setembro. O equipo vigués terá en fronte o Ajax, o Standard de Lieja e o Panathinaikos.
Carlos Mouriño, presidente do Celta xa se manifestou en declaracións á UEFA: "É un grupo complicado, pero creo que todos os equipos tiñan as súas dificultades. Temos moita ilusión. Imaxino a afición de Vigo desfrutando, é unha recompensa para todos eles porque pasamos dificultades. Somos un equipo sufridor e se agora podemos ter esta recompensa, debemos darlle todo o valor que ten."
O adestrador, o 'Toto' Berizzo, que se enfrontou ao Ajax vestido de celeste, manifestouse na mesma liña ca o presidente, segundo recolle a conta oficial do Celta en Twitter. "Non imos ser un rival fácil para ninguén", declarou.
🔊 Berizzo: "Ajax y Panathinaikos tienen mucha tradición en la #UEL, pero nosotros no seremos un rival fácil para nadie" #EstamosDeVolta
— RC Celta (@rccelta_oficial) 26 de agosto de 2016
Así queda o reparto, co Villarreal e o Athletic cabezas de grupo no L e o F, respectivamente:
Escribe tu comentario