O gasto da Xunta en comedores escolares xestionados polas anpas reduciuse un 20%
Confapa Galicia denuncia que mentres o gasto das familias en comedores escolares se incrementou en tres anos nun 8,23 por cento.
Confapa Galicia denunciou este venres que mentres o gasto das familias en comedores escolares se incrementou en tres anos nun 8,23 por cento, o gasto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en comedores escolares xestionados polas anpas recortouse nun 19,54 por cento.
Sobre o gasto en comedores escolares xestionados polas anpas, Confapa puntualizou, a través dun comunicado, que este ten un "custo cero" para o departamento dirixido por Román Rodríguez, excepto a propia subvención.
En concreto, Confapa pronunciouse deste xeito despois de que a Consellería do ramo publicase a resolución pola que se conceden axudas aos comedores escolares xestionados polas anpas, "celebrando festivamente", precisou a Confederación Galegas de Anpas de Centros Públicos, que "se dedicaron 523.000 euros para este servizo".
"Non lle custa á Consellería nin un euro, pois todos os gastos sopórtanos as familias dos colexios públicos", defendeu a confederación de anpas, que nun cadro mostra que o importe subvencionado ascende ao 6,789 por cento no curso 2015-2016, ao 7,483 en 2014-2015 e ao 9,132 en 2013-2014.
Escribe tu comentario