#Claves de la semana

​Rajoy alerta contra un posible "cuadripartito" en Galicia "inestable, radical e extremista"

No inicio de curso político, celebrado este ano en Cotobade, Rajoy afirmou que hai un modelo "bo" encabezado por Feijóo, e un modelo "moi malo" que sería a alianza de partidos "que compiten polo voto radical".


|

Cotobaderajoyfeijoo2


O presidente do goberno en funcións e presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, puxo en valor este sábado a "labor ben feita" de Núñez Feijóo á fronte da Xunta de Galicia, e pediu aos galegos que o apoien, xa que a alternativa sería un "cuadripartito inestable, radical e extremista", con partidos sumidos en "tremendas loitas de poder".


"Hai dous modelos, un moi bo, que é o de Alberto Núñez Feijóo; e un moi malo (...) que xa coñecemos no bipartito, pero en versión 'mellorada', inestable, radical e extremista", advertiu, e criticou que cada un deses partidos está "sumido en tremendas loitas de poder, que amosan sen pudor cada día".


"Se non se saben gobernar a si mesmos, como pretenden gobernar ao pobo galego?", preguntou, e denunciou que se trata de formacións "instaladas no extremismo, que compiten a ver quen é máis radical". "Se eu fose eles competiría polo voto moderado, pero eles non, compiten polo voto radical, o que non levaría a Galicia a ningunha parte. Isto é o que nos xogamos o 25 de setembro", constatou.


ELOXIOS A FEIJÓO


Nese sentido, o presidente nacional do PP lembrou que Galicia pechou 2015 cun crecemento do 3,2 por cento, con 21.000 persoas desempregadas menos e facendo un "bo uso das contas públicas", cumprindo os compromisos de déficit e con "máis benestar".


Rajoy tamén destacou o traballo de Feijóo en favor de sector produtivos como a automoción, o naval, a pesca e a gandería, e pediu aos cargos e militantes do PP que poñan todo isto en valor durante a campaña electoral. "Pode presentarse co orgullo de quen fixo as cousas ben. Imos axudarlle a gañar as eleccións", pediu o presidente do goberno en funcións.


RECONQUISTAR SOUTOMAIOR


O presidente do goberno en funcións e presidente do PP, Mariano Rajoy, advertiu de que o seu partido volverá a Soutomaiordespois de ter que trasladar o tradicional acto de inicio de curso político dos populares galegos ao municipio pontevedrés de Cotobade, pola negativa da Deputación de Pontevedra (gobernada por PSOE e BNG) a ceder o Castelo de Soutomaior.


O traslado deste inicio de curso, que o PP galego levaba case unha década celebrando no emblemático castelo, suscitou comentarios por parte de todos os intervenientes no acto.


Así, o presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que "parece que ao PP o ilegalizaron en Soutomaior" e criticou que "os partidos que se din progresistas non deixan a un partido democrático falar nese concello". 



relacionada Feijóo di que o PSdeG está tentando evitar "fugas"
relacionada ​Rajoy incide en que la formación de un Gobierno es todavía "más un deseo que un hecho"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE