#Claves de la semana

​Aclad alerta dun repunte na atención a pacientes con adicción á heroína

Diversos factores psicolóxicos poderían estar detrás deste aumento, ademais do baixo prezo da substancia na rúa como informan os propios drogodependentes.


|

Heroina


A unidade asistencial que a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Aclad) alerta dun crecemento percibido polo persoal asistencial na demanda de tratamentos contra o consumo de heroína. Dende Aclad puntualizan que é “unha apreciación” posto que non posúen polo momento datos que constaten esta tendencia pero subliñan que no transcurso de 2016 o número de adiccións á heroína “aumentou de forma chamativa”.


Diversos factores psicolóxicos poden estar por detrás deste repunte, ademais do baixo prezo da substancia na rúa segundo informan os propios pacientes que acoden á unidade. O perfil deste novo heroinómano, segundo fontes da asociación, está en torno aos 30 anos de idade, con “recursos” e non son antigos toxicómanos.


Segundo María Lage, Psicóloga Clínica da asociación, a cocaína aínda é a substancia pola que o servizo recibe máis consultas, seguido do cannabis e agora, a heroína. Lage alerta do “potencial destrutivo” desta substancia, que “provoca unha dependencia física case inmediata”, co cal se crea un círculo vicioso no que o drogodependente precisa conseguir diñeiro para seguir consumindo.


ATENCIÓN DE TARDE


Aclad acaba de restablecer o seu servizo de tarde despois de que os recortes da Xunta obrigaran a prescindir deste turno. Tamén o autobús da metadona deixou de funcionar o pasado decembro polo que os usuarios deste servizo quedaron desatendidos ou coa necesidade de ter que desprazarse ata o centro para recibir a substancia.


Con este novo turno de 15:00 a 19:00, unicamente para os usuarios de metadona, pretenden evitar que persoas que estudan ou traballan polas mañás deixen de acudir a Aclad por este motivo, xa que a axuda que reciben debe ter un carácter regular.


Aclad conta na actualidade cun equipo de 34 profesionais do que forman parte psicólogos, psiquiatras, enfermeiras e educadores sociais. A maior parte dos seus recursos proceden de subvencións da Xunta, polo a entidade aproveitou onte a visita ao seu centro da Zapateira do conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, para solicitarlle un incremento dos recursos que lle proporciona, posto que Aclad non só presta servizo ao municipio da Coruña senon a outros quince próximos á cidade.



relacionada Os mozos galegos ven pouco risco no consumo de alcol
relacionada Tabaco y Marihuana, 'pareja de hecho'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE