David Perdomo protagonista do video de campaña das Xuventudes Socialistas
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) veñen de presentar o primeiro vídeo no que apostaron polo humor de David Perdomo pulando por un cambio en Galicia pola saúde dos galegos e galegas.
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) veñen de presentar o primeiro vídeo no que apostaron polo humor de David Perdomo pulando por un cambio en Galicia pola saúde dos galegos e galegas. Este non é máis que o primeiro doutros tantos que se irán compartindo a través das redes sociais nas vindeiras semanas.
O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, explicou o sentir do vídeo aseverando que “fronte a campaña do medo de Feijóo e o Partido Popular, nós queremos apostar pola ledicia e pola risa. Cremos en Galicia e na súa xente e co proxecto socialista pretendemos devolver a dignidade roubada a todos e todas elas.”
Escribe tu comentario