#Claves de la semana

PSdeG, En Marea e BNG ábrense a unha coalición de esquerdas e C's apoia a Feijóo

Por alusións de Feijóo, os moderadores Kiko Novoa e Marta Darriba introduciron o tema das coalicións postelectorais


|

Debatecrtvg


O debate sobre posibles pactos electorais coouse no debate no marco do bloque temático de rexeneración democrática, aínda que non estaba previsto abordalo de forma específica, segundo explicaron os moderadores.


"Hai dous camiños, o PP ou o PSOE, nós tenderemos a man para construír unha maioría alternativa liderada polo PSOE", manifestou o cabeza de lista do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga


"Pactaremos con todas as persoas e institucións que aposten pola redistribución da riqueza, a xustiza social, a democracia, non contra as persoas que fixen políticas de sufrimento ou teñan coalicións cun partido dinástico; non teremos coalicións con xente como Baltar ou como vostede" espetou ao popular Alberto Núñez Feijóo o cabeza de lista de En Marea, Luís Villares.


Pola súa banda, a nacionalista Ana Pontón asegurou que o Bloque "tenderá a man para un goberno de esquerdas" e Ciudadanos asegurou que no próximo Parlamento galego haberá dous bloques: os constitucionalistas e os nacionalistas e populistas". Así, asegurou que a opción é "un Feijóo facendo o que lle dá a gana ou un Feijóo condicionado e controlado" polo seu partido.


Feijóo, pola súa banda, comprometeu que tentará formar goberno se gaña as eleccións e aseverou que a súa coalición é "cos cidadáns". Ademais, reprochou que o PSOE non pacte con nacionalistas e Podemos en Madrid e en Galicia entregouse a eles.


relacionada Acusacións cruzadas entre os candidatos no debate da CRTVG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE