#Claves de la semana

O Dépor cae ante o Leganés (1-2)

Suma así a súa segunda derrota consecutiva en Riazor nun partido que viu o debut de Ryan Babel. 


|

Deporleganes


O RC Deportivo sumou a súa segunda derrota consecutiva en Riazor, esta vez ante un Leganés que converteu en gol as súas dúas primeiras ocasións, xa na segunda parte, e que aguantou o arreón final dos xogadores branquiazuis, que se adiantaron no marcador cun tanto de Celso Borges na primeira metade.


Xusto á media hora de xogo adiantouse o Dépor. Emre Çolak abriu en longo cara a Marlos, que co seu control ao primeiro toque cara a dentro sacou a Bustinza da súa posición. Ese oco viuno Luisinho, cuxo desmarque tamén viu Marlos. O centro do portugués, raso e ao corazón da área, rematouno chegando desde atrás, coa súa bota esquerda, o costarriqueño Celso Borges.


O Leganés logrou o empate aos dez minutos da continuación. Gabriel centrou co exterior do seu pé esquerdo na área cara a Luciano, que remachou coa cabeza. E só seis minutos máis tarde, deulle a volta ao marcador mediante un novo croque, esta vez de Gabriel a centro de Víctor Díaz. 


Mediada a segunda metade produciuse o debut coa elástica branquiazul de Ryan Babel, recentemente fichado para cubrir a baixa por lesión de Joselu. O holandés situouse por detrás de Andone. Bruno Gama pasou a ocupar o extremo esquerdo, mentres que Emre Çolak situouse na dereita.


Andone acariñou o tanto do empate no minuto 85, cando se revolveu na área cun caneo que colleu a contrapé aos seus dous marcadores. O seu disparo coa dereita ao primeiro pau parouno Serantes, ben colocado.


relacionada ​El Dépor ficha a Ryan Babel para cubrir la baja de Joselu
relacionada ​Joselu sufre un esguince de grado 3 en su rodilla derecha
relacionada ​El Dépor vuelve a evidenciar la falta de gol
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE