#Claves de la semana

Pontón celebra o resultados electorales: "Desmontamos as enquisas"

Con todo, recoñeceu que o resultado non é aquel polo que traballan, xa que aspiraban a conseguir unha "alternativa de cambio". 


|

Resultadoselectoralesbng


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, celebrou o resultado da súa formación nos comicios autonómicos, nos que se fixo con seis deputados, como un "punto de inflexión" para a alternativa nacionalista.


"Desmontamos as enquisas e demostramos a fortaleza dunha organización que leva 30 anos traballando cunha base sólida neste país", manifestou.


Con todo, recoñeceu que o resultado non é aquel polo que traballan, xa que aspiraban a conseguir unha "alternativa de cambio".


Ana Pontón compareceu ante os medios sobre as 23,00 horas deste domingo unha vez escrutado o 98%, que outorga un total de 117.647 votos ao Bloque e seis deputados.


Así, a formación frontista só cede un escano con respecto aos comicios autonómicos de 2012, nos que se fixo con sete.


relacionada ​Losada admite "decepción" e cre que a "inxusta" lei electoral os deixou fóra
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE