#Claves de la semana

​Luís Bará (BNG): "Con dous debates e unha semana máis, merendámonolos"

O candidato do Bloque pola provincia de Pontevedra valorou como "excelente" o resultado do BNG e sinalou que están "de remontada". 


|

Luisbaraeanaponton2

Luis Bará con Ana Pontón nun acto de campaña // @LuisBaraGZ


O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, valorou este luns como "excelente" o resultado da formación nacionalista nos comicios autonómicos deste domingo e sinalou que o Bloque está "de remontada". "Con dous debates e unha semana máis, merendámolos", chanceou.


"Síntome moi moi orgulloso polo traballo feito", repetiu Bará, sinalando o labor desenvolvido pola súa organización despois das eleccións xerais de xuño como a "clave" para que comezase un proceso de "recuperación" que lles levou a "romper con todas as previsións, expectativas e enquisas" e obter un "excelente resultado tendo en conta a situación" anterior.


En todo caso, Luís Bará precisou que "o resultado electoral a nivel xeral non é satisfactorio porque o PP consolida a súa maioría absoluta en Galicia e iso é unha mala noticia para o país", aínda que determinou que isto, máis que mérito do Partido Popular, "é mérito das forzas políticas que tiñan obrigación de presentar unha alternativa ao PP".


Bará apuntou que "o fracaso desas forzas políticas a nivel estatal" e "a súa incapacidade para chegar a acordos e formar unha alternativa política ao Partido Popular" deulle "unha vida extra a Rajoy, ao PP e tamén a Feijóo en Galicia".


Do mesmo xeito, indicou que "houbo unha falta de capacidade de ilusionar e de atracción" por parte desas forzas que, a xuízo de Luís Bará, "ten que ver con ese desgaste que están a ter, polas súas propias contradicións, polas súas propias loitas". Neste sentido, citou o "espectáculo" que deron nas semanas previas á cita electoral. Todo iso "axudou moitísimo ao PP", apuntou.


FUTURO


Nunha comparecencia na sede local do Bloque Nacionalista Galego, Luís Bará apuntou que para o BNG empeza "un ciclo político novo" de "moita ilusión e esperanza", despois dun período "de desgaste e retroceso". "Conseguimos que volvese ao BNG moita xente que se distanciou e que mirase para nós con confianza", subliñou.


Para iso, recoñeceu que se cambiaron as liñas centrais do discurso do BNG para facelo "máis atractivo" e niso, para Bará, tivo moito que ver o "estilo, brillantez e capacidade política" da candidata, Ana Pontón.


De fronte ao futuro, o Bloque ten, segundo Luís Bará, "unha esixencia moi grande para atraer a máis xente, abrir as portas do BNG, para facelo máis forte e sumar máis ilusión e apoios" para ter un "papel central" na política galega.





relacionada Pontón celebra o resultados electorales: "Desmontamos as enquisas"
relacionada PERFIL | ​Ana Pontón, a candidata feminista que ten o reto de reter o electorado
relacionada ​O PPdeG de Feijóo revalida a súa maioría absoluta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE