#Claves de la semana

​Feijóo reivindica os "efectos" no PSOE das galegas

Confía en que os "movementos intensos" desatados no seo da formación socialista contribúa a lograr que haxa goberno.


|

Feijoorueda


O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores que os "efectos" das eleccións galegas, nas que logrou manter a única maioría absoluta autonómica de España, producen "movementos intensos" no seo do PSOE, aínda que hai que ver "ata que punto", e manifestou o seu desexo de que contribúan a que se desbloquee a situación política estatal.


"O 'sentidiño' galaico move os cimentos do PSOE e para ben; para ben de España e da política, e espero que para que haxa goberno porque non podemos seguir esperando", proclamou, ante a xunta directiva do seu partido en Galicia.


Previamente, Feijóo lamentara que a dirección do PSOE reaccionase o pasado luns como "se non pasase nada". "Nin sequera o secretario xeral, o señor Pedro Sánchez, se dignou a cualificar e a valorar os resultados de Galicia e Euskadi. Tivo que facelo a preguntas dos xornalistas", reprobou.


"Creo que iso Galicia non o merece, Euskadi tampouco, e un secretario xeral dun partido en España ten que valorar os resultados de dúas comunidades tan importantes", de dúas nacionalidades históricas, agregou.


O líder popular, que tamén foi moi crítico coas mareas, afeou, ademais, a Cidadáns (C's) que critique "a mesma lei electoral" coa que pretendía "gobernar" Galicia con "un escano" no Pazo do Hórreo.


PORTAS ABERTAS


Incidindo nunha das súas ideas forza da campaña, asegurou que o PP ten as "portas abertas" para os "votantes orfos" doutros partidos porque no seu partido non se esixe "servilismo", senón que teñen oco independentes con "intelixencia, formación, sacrificio" e, sobre todo, aqueles que queren "estar a disposición dos demais".


Advertiu que os partidos que "perderon" o 25-S xa "empezan" a decepcionar aos seus votantes. Así, aludiu aos conflitos do PSOE e ao "bloqueo" estatal e aos "insultos das mareas de Podemos".


O dirixente popular tamén enviou unha mensaxe a Fernán Vello, deputado de En Marea no Congreso, ao que non mencionou, despois de que o último publicase un tuit no que se refería aos galegos como "pobo alienado e ignorante" de "escravos que votan ao señorito", en referencia aos resultados do 25-S, cando Feijóo revalidou a súa maioría absoluta.


"Non creo que o mereza a xente, porque a xente votou maioritariamente a un partido (o PP) e esa xente é tan xente como a que non votou (a esta opción). E se os primeiros son a maioría, non se pode ofender á minoría simplemente porque a maioría non votou á minoría", esgrimiu o líder do PPdeG.


E é que, segundo Feijóo, "criticar a quen non lles dá a razón, ofender á maioría porque non lles vota, ou directamente descualificar e suxerir que os maiores de 45 anos non deberían de votar (en alusión ás palabras de Bescansa), permite coñecer con exactitude o que algúns pensan cando xa non hai que pedir o voto, cando se acaban as campañas electorais".



relacionada Feijóo espera que a "mensaxe" de Galicia e Euskadi oriente a política española
relacionada Fernán Vello tacha de "ignorante" ao pobo galego e acaba pedindo desculpas
relacionada Bescansa: "Se o electorado fose menor de 45, Iglesias sería presidente desde o ano pasado"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE