#Claves de la semana

530.000 doses de vacina antigripal para a campaña que comeza o 24 de outubro

290.000 correspóndense coa vacina antigripal convencional e 240.000 son dose de vacina intradérmica, para persoas ingresadas en residencias da terceira idade e maiores de 75 anos.



|

Vacunas


A Consellería de Sanidade adquiriu este ano un total de 530.000 dose de vacinas antigripais para a presente campaña que comezará o 24 de outubro e durará ata o 23 de decembro. Delas, 290.000 correspóndense coa vacina antigripal convencional que pode ser utilizada a calquera idade a partir dos seis meses de vida e 240.000 son dose de vacina intradérmica, que se emprega en persoas ingresadas en residencias da terceira idade e no resto de persoas maiores de 75 anos.

O orzamento total para esta actuación ascende a 1.897.688 euros, IVE incluído, tal e como informou o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do seu goberno, a primeira desde as eleccións do pasado domingo.

Feijóo tamén indicou que ingresaron 1.700 galegos na pasada campaña, moitos deles na UCI e a maioría "non vacinados", aínda que non precisou o porcentaxe fronte ao total.

O principal obxectivo desta campaña é minimizar o impacto na saúde da gripe na poboación galega mediante a prevención, tratando de diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas de padecela.

A vacina da gripe reduce a incidencia da enfermidade e, especialmente, diminúe a frecuencia de complicacións secundarias, así como o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe en persoas maiores, con ou sen condicións médicas de risco, e noutras persoas con patoloxías previas.


En 2016, manteranse as indicacións de vacinación das campañas dos últimos anos, ofertando esta posibilidade ás persoas con maior risco de padecimiento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 60 anos ou máis e persoas menores desa idade pertencentes aos grupos de risco --persoas con patoloxías crónicas (cardíacas, respiratorias, renais, endócrinas...), persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida e persoas con disfunción cognitiva, entre outros colectivos--.

Ademais, tamén está recomendada para persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario e traballadores esenciais para a comunidade.


ACCESO EN TODA A COMUNIDADE

Co fin de que toda a poboación diana teña garantido un fácil acceso a esta vacina, a Consellería de Sanidade contará con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde, hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da terceira idade e outros centros residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación e centros penais.


A composición da vacina antigripal cambia todos os anos e as vacinas que se empregarán nesta campaña foron xa adquiridas, como os últimos anos, a través do acordo marco coordinado polo Ministerio de Sanidade.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE