#Claves de la semana

Os bos datos do turismo tamén se notan no rural galego

Os viaxeiros aloxados en establecementos rurais galegos subiron un 7,36% en agosto. 


|


Turismoruralalquilerviviendavacaciones


Os viaxeiros aloxados nos establecementos galegos de turismo rural aumentaron un 7,36% en agosto con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos feitos públicos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


Así, durante o oitavo mes do ano aloxáronse neste tipo de establecementos na Comunidade 43.087 persoas, das que 32.838 proviñan do territorio nacional e 10.248 eran estranxeiros.


Do mesmo xeito, as pernoitas rurais creceron no mesmo período un 19,42%, ata alcanzar as 119.983. A estancia media foi de 2,78 días, lixeiramente superior á de agosto de 2015.


Por outra banda, durante o mes de agosto ocupáronse o 53,84% das prazas en aloxamentos rurais en Galicia --o 60,28% en fin de semana-- e o 57,02% das habitacións. Os prezos diminuíron lixeiramente, en 0,32 puntos.


APARTAMENTOS


Por outra banda, os apartamentos turísticos galegos rexistraron no mes de agosto 24.469 usuarios, un 34,4% máis que hai un ano. As pernoitas creceron nestes establecementos un 17,89%, ata as 114.633.


Así, estiveron ocupados, de media, o 60,66% das prazas e o 8,84% dos apartamentos. A estancia media diminuíu lixeiramente desde os 5,34 días de agosto de 2015 ata os 4,68 días.


Os viaxeiros aloxados nos cámpings galegos tamén experimentaron un crecemento no oitavo mes do ano, do 28,33 por cento, ata as 120.042 persoas, que realizaron 445.005 pernoitas --un 23,39% máis-- A estancia media, de 3,71 días, mantívose practicamente estable.


Finalmente, os albergues da Comunidade experimentaron un aumento do 37,75% no número de usuarios, en comparación ao ano anterior, e alcanzaron os 1.817. As pernoitas, pola súa banda, creceron un 12,5%, ata as 9.233.


relacionada España recibió 52,5 millones de turistas internacionales hasta agosto, un 10,1% más
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE