#Claves de la semana

Refórzase o control do transporte da uva durante a vendimia

A Xunta e os corpos de seguridade buscan "verificar" que se cumpre a normativa, un control que se suma ao dos propios consellos reguladores.


|


Vendimiauvavino


A Xunta está "a reforzar" a colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado para o control da comercialización da uva en Galicia durante estas datas de vendima.

Trátase, segundo un comunicado difundido polo Goberno galego, de "verificar" o cumprimento da normativa relativa ao transporte dos produtos vitivinícolas.

Estes controis súmanse aos que realizan os propios consellos reguladores para verificar a entrada de uva nas adegas, con, en concreto, 109 técnicos para as cinco denominacións de orixe (DO).

Pola súa dimensión, a maior parte (33 en total) centra a súa actividade na DO Rías Baixas; mentres o resto repártese entre O Ribeiro (31), Valdeorras (17), Ribeira Sacra (15) e Monterrei (13).

relacionada ​A colleita da Ribeira Sacra, con "menos quilos pero de calidade moi boa"
relacionada Unións Agrarias chama á Xunta a facer auditorías para evitar a entrada de uva foránea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE