O Celta apuntala o xogo desde a portería
Esquecendo o partido contra o Barça, nos últimos cinco partidos o equipo vigués encaixara só dous goles.
O parón ligueiro non significa descanso para os equipos, que aproveitan estas dúas semanas sen competición para corrixir erros e volver máis fortes. No caso do Celta, os porteiros son unha peza fundamental da boa traxectoria que recuperou o club, pois se non se conta o último partido contra o Barça, nos últimos cinco encontros encaixara só dous tantos.
Esa xeira é a que pretenden continuar cando volva a competición doméstica e a Europa League. E facendo fincapé na fortaleza atrás, o propio club publicou nas súas redes sociais un vídeo do adestramento dos porteiros, onde se poder ver que traballan tanto a parte física como a técnica.
Do 16 ao 23, o Celta enfróntase a Villareal, Ajax e Deportivo.
Escribe tu comentario