#Claves de la semana

Piden paralizar as obras en Balaídos e redefinir o marco de relacións co Celta

A Asociación en Defensa de Vigo (Adevigo) incidiu en que "as actuais condicións económicas do Celta xa non son as que durante anos esixiron un "esforzo colectivo".


|

Obrasbalaidos

// CRTVG


A Asociación en Defensa de Vigo (Adevigo) reclama ao Concello olívico a paralización de "todo o novo investimento con diñeiro público" no estadio de Balaídos, así como a apertura dunha mesa de negociación para definir un novo marco de relacións co Real Club Celta de Vigo "que protexa ao Celta e os intereses da cidade".


Esta asociación, que foi creada hai uns meses, presidida polo exalcalde Carlos Príncipe e coa exconcejala do PP Teresa Cendón, o xornalista Manuel Orio e o exvicecónsul británico James Skinner na súa xunta directiva, incidiu en que "as actuais condicións económicas do Celta xa non son as que durante anos esixiron un esforzo colectivo".


Así, criticou que se destinen millóns de euros de diñeiro público á reforma do estadio, cuxa "concesión gratuíta usufructúa a sociedade anónima deportiva Real Club Celta de Vigo", "mentres a parte privada fai un fenomenal beneficio do 400% en menos de 10 anos, en instalacións publicas e con subvencións publicas".


REFORMA


Abel Caballero achegábase hoxe a Balaídos para supervisar a instalación da peza de 56 toneladas e 60x25 metros que permitirá cubrir a metade da viseira da bancada de Tribuna.


Segundo detallou o alcalde vigués, o novo armazón conta con 217 engarces, 835 barras e unha pasarela de mantemento que evitará o uso de guindastres para, por exemplo, trocar luminarias. Esta estrutura será completada antes do día 20 cunha peza similar, o que permitirá comezar acto seguido coa colocación da cuberta de aluminio sobre a bancada. 


"COFINANCIAMENTO"


Pola súa banda, a Marea de Vigo reclamara días atrás que o Goberno municipal firmase un novo convenio co Celta de Vigo para que haxa "corresponsabilidade económica" que responda á reforma do estadio de Balaídos, ante o que o alcalde manifestou que o seu obxectivo é "que o Celta xogue nun gran campo", para que a imaxe do estadio e o Celta "estean acordes co que é esta cidade".


Nunha rolda de prensa, o portavoz da Marea Rubén Pérez, reclamou ao Celta "que colabore" economicamente, porque aínda que a cidade ten que pagar a reforma por ser un edificio municipal, entende que habería que cambiar o convenio despois para que o club colabore, xa que "a cidade fai un esforzo brutal con 30 millóns, que son 15 anos de cheque social".


VENDA DO CELTA


A portavoz popular, Elena Muñoz, avisaba este martes a respecto dos rumores da venda do Celta de Vigo a un grupo de inversión chines, de que o actual convenio co equipo de fútbol "contén unha cláusula de salvagarda" pola que "no caso de que se produza unha modificación significativa do actual réxime de propiedade" poderase revisar a utilización das instalacións municipais, "requiríndose autorización municipal".


En concreto, o protocolo de colaboración co club estipula que devandito acordo poderase resolver no caso de que o Celta deixe de ser o equipo de fútbol representativo de Vigo ou que "se produza unha modificación significativa do actual réxime da propiedade que implique unha alteración substancial dos titulares", todo iso "salvo que esta sexa autorizada pola Administración municipal".


Ao ser preguntado por isto nunha rolda de prensa posterior, o alcalde asegurou que non o informaron nin ten "ningún coñecemento oficial" sobre posibles intereses na compra do club. 

relacionada Reclaman que o Celta cofinancie a reforma de Balaídos
relacionada Caballero niega tener "conocimiento oficial" de la venta del Celta a inversores chinos
relacionada ​A afección do Celta, contrariada pola inminente venda do club a un investidor chinés
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE