#Claves de la semana

O Museo do Prado acollerá a primeira exposición do Mestre Mateo fóra de Galicia

Serán as primeiras esculturas graníticas que albergue a pinacoteca nacional e colocaranse "no corazón do museo", do 29 de novembro ao 26 de febreiro. 


|

Mestremateo 1


O Museo do Prado albergará, desde o 29 de novembro ao 26 de febreiro, a primeira mostra do Mestre Mateo que se expón fóra de Galicia. "É un acontecemento histórico e extraordinario", en palabras do director do museo, Miguel Zugaza, no que se poderá coñecer unha decena de obras "dun adiantado ao seu tempo".


En concreto, a exposición mostrará 10 esculturas exentas do Mestre Mateo, reunidas por primeira vez desde a súa desaparición da fachada mateana do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, e un pergamiño asinado por Fernando II no que concede ao arquitecto, pintor e escultor unha pensión vitalicia a cambio de facerse cargo da dirección das obras de conclusión do templo.


Seis das esculturas, ademais do pergamiño, atópanse na Catedral de Santiago; outras dúas exhíbense no Museo de Pontevedra e dous máis obran en poder da familia Franco-Polo e atópanse na Casa Cornide, na cidade da Coruña.


Estas "excelentes" pezas serán expostas nun espazo "moi especial" da pinacoteca nacional, tal e como confirmou o seu director, pois colocaranse "no corazón do museo". Neste marco, explicou, poderase "interpretar ben" a "extraordinaria" obra "dunha personalidade tan importante" e que é "difícil" de coñecer sen acudir directamente á capital de Galicia.


A mostra monográfica, que permitirá difundir internacionalmente a obra do Mestre Mateo, realiza un completo percorrido polo traballo do artista na Catedral de Santiago desde 1168, cando asumiu a dirección de obra, ata 1211, o ano en que o arcebispo Pedro Muñiz consagrou o templo nunha cerimonia presidida polo rei Alfonso IX.


"DOUS GRANDES DA CULTURA"


No acto de presentación desta exposición temporal, conducido polo deán da Catedral, Segundo Pérez, tamén tomou a palabra o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez.


Destacou que este proxecto permite "unir a dous grandes da cultura e o patrimonio", como son o Mestre Mateo e o Museo do Prado. E é que, segundo as súas palabras, "non hai mellor institución" para difundir a figura dun artista "asimilable a Miguel Ángel ou a Rodin".


Por iso, o titular de Cultura en funcións desexou que este "fito cultural de gran importancia" sexa "un éxito" e permita "presentar ao mundo todo o que hai en Galicia".


Sobre esa idea falou tamén o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, quen confiou en que a mostra "incite a moitos a ver a totalidade da obra de Mateo en Santiago", cidade á que está "indefectiblemente unido".


APOIO Á CULTURA "EN TEMPOS DE CRISES"


Pola súa banda, o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, sumouse aos eloxios ao Mestre Mateo argüindo que se traballase nalgunha capital europea "sería un referente ao nivel de Miguel Ángel". "Pero aquí case pasa desapercibido", lamentou, a pesar de ser "un adiantado ao seu tempo".


Tras incidir en que foi "un grande" e apuntar que as súas serán as primeiras esculturas graníticas no Museo do Prado, sinalou que o Mestre Mateo desenvolveu o seu traballo "en tempos de crises" porque os gobernantes comprenderon a importancia da arte.


"Oxalá nunca nos esquezamos da creación artística e a difusión da cultura, que deben ser prioritarios", demandou Daniel Lorenzo, desde o convencemento de que tamén en épocas de dificultades "pódense facer cousas grandes".


Así mesmo, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, celebrou tamén a agrupación destas esculturas, como forma de "recoñecer unha obra que segue marabillando" ao mundo. O que criticou é que algunhas delas sigan "en domicilios particulares" da familia do ditador Francisco Franco.


O acto foi clausurado polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen expresou o seu recoñecemento a "un mestre de mestres" e celebrou que a súa obra poida darse a coñecer nun lugar "tan prestixioso" como o Museo do Prado.

relacionada El Museo de la Catedral de Santiago gana popularidad
relacionada La Catedral de Santiago contrata a ocho restauradores para proseguir la rehabilitación del Pórtico de la Gloria
relacionada As sete cantigas de Martín Codax poderán verse en Galicia por primeira vez
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE