#Claves de la semana

Barajas, entre os cinco aeroportos da UE con máis tráfico

O aeroporto madrileño contou 46,3 millóns de pasaxeiros con saída ou chegada ás súas pistas en 2015. 


|

Avioniberia


Os aeroportos da Unión Europea rexistraron o pasado ano o paso de 918,3 millóns de pasaxeiros, o que supón un incremento do 4,7 % respecto ao ano anterior, segundo os datos da oficina europea de estatística (Eurostat), que coloca o aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas entre os cinco que máis tráfico de pasaxeiros tiveron e tamén entre os que máis creceron respecto de 2014.


En concreto, o aeroporto madrileño contou 46,3 millóns de pasaxeiros con saída ou chegada ás súas pistas en 2015, o que supuxo un crecemento do 11,4% respecto ao ano anterior.


Nas prazas europeas, o aeroporto con maior tráfico foi o de Heathrow (Londres), con 75 millóns de pasaxeiros, seguidos do parisiense Charles de Gaulle (65,7 millóns), o de Francfort (60,9 millóns) e o aeroporto de Schipol (Ámsterdam), con 58,2 millóns de persoas.


Madrid-Barajas pecha o 'top cinco', aínda que tamén se atopan outros aeroportos españois entre os principais, co Prat de Barcelona no posto noveno con 39,4 millóns e os de Palma de Mallorca e Málaga nos postos 13 e 26, respectivamente.


En canto aos que máis creceron, Atenas é o primeiro aeroporto cun 19,1 % máis de tránsito, seguido do londiniense Luton (+17%), Dublín (+14,9%), o tamén londiniense Standsted (+12%) e Adolfo Suárez-Madrid Barajas (11,4%).


Do total de 918 millóns de pasaxeiros aéreos rexistrados na Unión Europea, unha cuarta parte proceden de Reino Unido (232 millóns) segundo as cifras de Eurostat, o resto repartíronse fundamentalmente entre Alemaña (194 millóns), España (175 millóns), Francia (141) e Italia (128).


A maioría destes voos operáronse entre Estados membros (45,2 %) e fóra da Unión Europea (37,2 %), mentres que en menor medida foron rutas nacionais (17,6 %).


Estas cifras supoñen unha mellora do 4,7 % respecto ao ano anterior e un crecemento no transporte aéreo de pasaxeiros do 22 % se se compara cos datos de 2009.


Eurostat tamén rexistrou as cifras de falecidos en voos comunitarios, un total de 155 en 2015.

relacionada ​A CIG-AENA denuncia a redución do persoal sanitario no aeroporto de Lavacolla
relacionada ​Peinador segue liderando o crecemento dos aeroportos galegos
relacionada Os aeroportos galegos gañaron máis de 280.000 pasaxeiros en 2015
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE