#Claves de la semana

Os traballadores de Adif e Comboios ratifican os datos xa coñecidos

Entrevistouse a 6 traballadores para tratar de avanzar nas causas do sinistro | Tras as comprobacións dos peritos na vía, poderase proceder á súa reparación. 


|

Accidenteporrio2


Os testemuños solicitados este martes pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) achega do descarrilamento do Tren Celta no Porriño, en diversas entrevistas realizadas a traballadores de Adif e Comboios, serviron para ratificar algunhas das informacións xa coñecidas, e non se revelaron datos sorprendentes, "nin contradicións nin nada estraño".


Así o trasladaron, en declaracións aos medios, dous dos investigadores desta Comisión, que confirmaron que se entrevistaron con 6 persoas, dúas delas traballadores de Comboios de Portugal. Entre os testemuños solicitados, están o do responsable do Centro de Mando de Ourense, o xefe e un compañeiro do maquinista (que faleceu no sinistro), e operarios de mantemento de Adif.


Estas tarefas van na liña do que establece a normativa europea para a elaboración do correspondente informe sobre as causas dun sinistro ferroviario


Aínda que non transcendeu o contido desas entrevistas, os técnicos da CIAF confirmaron que non atoparon "nada sorprendente" nin "que chame a atención especialmente" neses testemuños. "Todo foi na liña do que xa sabemos e investigamos", apuntaron.


FASE "MOI TEMPERÁ"


En todo caso, precisaron que a investigación está nunha fase "moi temperá", a de solicitar toda a información posible, e que todos eses datos, tanto os obtidos nas inspeccións do tren e a vía, como os achegados polas persoas entrevistadas este martes, serán "analizados e contrastados". "Estamos na fase de recompilar datos. Entrevistamos a varias persoas e agora analizaremos os seus testemuños e sacaremos información que nos sexa útil para a nosa investigación", sinalaron.


Os investigadores da CIAF indicaron que, entre a información que manexan están cuestións relacionadas coas infraestruturas, a sinalización, o estado do convoi e, tras as entrevistas deste martes, "o que viron" os traballadores que, dunha forma ou outra, están relacionados co que pasou o día do accidente.


"TODAS AS HIPÓTESES POSIBLES"


Acerca da complexidade da investigación, sinalaron que, dado que aínda se están solicitando datos, mantéñense "todas as hipóteses posibles" acerca das causas do descarrilamento. "Nunca se sabe o que se pode atopar, é cuestión de ir amodo e non descartar ningunha hipótese", indicaron, e insistiron en que "é pronto" para precisar máis.


Así mesmo, apuntaron que, en caso de ser necesario, volverían convocar a estes ou outras testemuñas, ou a reclamar a información que consideren oportuna para elaborar o seu informe.


Precisamente, en relación co seu informe, e a preguntas dos medios sobre cando podería estar listo o estudo, aínda que sexa de forma preliminar, apuntaron que "é difícil" sabelo porque, aínda que a súa intención é que sexa "canto antes", tamén deben facelo "con tranquilidade" e "o mellor posible".


Accidenteporrio3


VÍA DESVIADA


O que si confirmaron os técnicos da CIAF é que o tren sinistrado circulaba por unha vía desviada e que "houbera un problema" o día anterior nesa parte do trazado. De feito, o convoi debía ir a un máximo de 30 quilómetros por hora precisamente por ese desvío, pero a caixa negra desvelou que a súa velocidade era de 118 quilómetros por hora no momento de descarrilar.


Con todo, os investigadores matizaron que a incidencia detectada era unha "situación habitual" e que se estaban realizando comprobacións que son "case rutineiras".


REPARACIÓN DA VÍA


Tamén hoxe coñeciamos que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) poderá levar a cabo xa a reparación da vía no Porriño, despois de que os peritos xudiciais fixeran unha comprobación nesa parte do trazado ferroviario.


Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xulgado de instrución número 2 do Porriño (Pontevedra) ditou unha providencia o pasado 7 de outubro autorizando a reparación das vías onde se produciu o accidente.


Con todo, esa autorización estaba condicionada, entre outras cousas, a que se levou a cabo unha comprobación solicitada polos peritos xudiciais e que foi realizada este luns.


Por outra banda, a xuíza tamén requiriu a Adif para que informase da finalidade das obras de reparación e a duración estimada das mesmas, unha información que xa foi remitida ao xulgado, "polo que os traballos poden ser realizados cando a entidade o considere oportuno", segundo fontes do TSXG.

relacionada ​Renfe retira esta noite a cabeceira do tren do Porriño
relacionada ​"Todo apunta a un exceso de velocidade"
relacionada A CIAF entrevistará a maquinistas para avanzar no seu informe sobre o accidente do Porriño
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE