Galicia, a gran afectada polo atraso da xubilación de tripulantes de palangreiros

|

Palangreiro


A CIG anunciou este xoves que promoverá mocións nos concellos para requirir ao Goberno que elimine o atraso da idade de xubilación aos tripulantes de barcos palangreiros e arrastreiros conxeladores.


En concreto, no seu texto, a central nacionalista dirixirase á Dirección Xeral da Mariña Mercante, dependente do Ministerio de Fomento, para que elimine a última reforma dos coeficientes reductores destes mariñeiros, pois derivaría en que visen atrasada a súa idade de xubilación.


E é que os profesionais do mar teñen uns coeficientes reductores sobre a idade de xubilación, dada a penosidade do seu traballo, que lles permitían retirarse antes dos 65 anos.


Respecto diso, o secretario nacional da CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que a decisión tomada polo Goberno afecta a 131 barcos, dos que o 91 por cento son galegos. Así, hai máis dun milleiro de mariñeiros afectados dos portos de Marín, A Guarda e Vigo (Pontevedra), Ribeira (A Coruña) e A Mariña lucense.


A xuízo do sindicalista, este "recorte social" supón unha "inxustiza", de modo que expuxo en rolda de prensa unha serie de medidas en contra dunha decisión que --recalcou-- afecta principalmente os mariñeiros galegos.


REVISIÓN DE OFICIO


Entre as súas peticións, está a de esixir unha revisión "de oficio" e "con carácter retroactivo" dos casos do último ano, así como a constitución dunha comisión na que se cite a todas as partes para "revisar a realidade pesqueira" e, desta forma, ter ao sector en conta para "regular a súa situación".


Por último, pedirá "responsabilidades" a quen adoptou esta medida, en referencia aos "altos cargos" da Mariña Mercante "co amparo" do Ministerio de Fomento cando se atopaba á fronte a pontevedresa Ana Pastor, agora presidenta do Congreso.


ADOPTAR MEDIDAS


Finalmente, Aboi deu conta de que o vindeiro martes, día 18, ás 11,00 horas, convocouse unha asemblea na Biblioteca de Marín para que os afectados e familiares poidan coñecer con detalle a situación e adoptar medidas.


Ademais, a CIG está a preparar reclamacións individuais dos afectados, ademais dunha colectiva de parte do sector.

relacionada Lesiones de columna y dolencias reumáticas, enfermedades del gremio de las mariscadoras
relacionada El banco central de Alemania plantea elevar a los 69 años la edad de jubilación

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress