O PSOE eleva ao Pacto Antitransfuguismo o caso das concelleiras de Ferrol

|

Jorgesuarezsestayo


O PSOE decidiu elevar á comisión de seguimento do pacto antitransfuguismo o caso das dúas concelleiras de Ferrol que concorreron ás eleccións municipais na lista socialista e que, tras a decisión do seu partido de romper o goberno de coalición coa marea local, seguen traballando dentro do executivo.


Farao, segundo fontes do PSOE consultadas por Europa Press, a petición do partido na cidade departamental e tamén do propio grupo municipal socialista.


No caso concreto destas dúas edilas, María Fernández Lemos e Rosa Méndez, que manteñen unha postura crítica coa líder do PSOE a nivel local, Beatriz Sestayo, decidiron pasarse ao grupo dos non adscritos para continuar así co seu traballo, segundo confirmou o pasado luns o propio alcalde, Jorge Suárez, de Ferrol en Común.


RETIRADA DE COMPETENCIAS 


No medio de diversas desavenencias internas no PSOE ferrolán, o detonante desta situación foi a decisión do rexedor de retirar as competencias a Sestayo, entón tenente de alcalde da cidade, e a outros dous concelleiros socialistas.


A partir de aí, o grupo municipal aprobou --sen a presenza de Fernández Lemos e Méndez-- romper o pacto de goberno con Ferrol en Común e ese acordo foi ratificado polo partido no ámbito local. Críticas con ese posicionamento, as dúas edilas agora non adscritas pediron a mediación doutros órganos do seu partido.


EXPEDIENTE DISCIPLINARIO


Por mor desta polémica, o PSOE de Ferrol tamén iniciou os trámites para solicitar que estas dúas concelleiras sexan obxecto dun expediente disciplinario.


Respecto diso, as mesmas fontes de Ferraz confirmaron que está a haber contactos neste sentido e que, polo momento, estase á espera de recibir información da dirección provincial do partido na Coruña.


Aínda que na última reunión desa executiva, o pasado día 1, non se falou da posibilidade de abrir expedientes polas disensións en Ferrol, si se manifestou publicamente o respaldo a Sestayo.

relacionada ​Jorge Suárez ve "posible" gobernar Ferrol con oito edís de 25
relacionada ​As edís díscolas quedan no goberno local de Ferrol e pasan a ser non adscritas
relacionada ​Sestayo denuncia que o de Ferrol é "un caso claro de transfuguismo"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress