#Claves de la semana

Os partidos, coa vista nos orzmentos a piques de arrancar a X Lexislatura

A Cámara constituirase o 21 de outubro cunha vintena de actas novas no PP e a renovación do 80% da oposición. 


|

Parlamentogalicia 1

Os partidos que obtiveron representación no Parlamento de Galicia nas eleccións do 25 de setembro prepáranse para arrincar a X Lexislatura --a Cámara quedará constituída o vindeiro venres 21 de outubro-- con vocación de diálogo e a vista posta nos orzamentos para 2017, así como nas súas primeiras iniciativas.


A "man tendida" ao diálogo é unha premisa que reivindicaron os representantes das catro forzas (PPdeG, PSdeG, BNG e En Marea) que ocuparán o hemiciclo e que trasladaron a Europa Press as distintas expectativas e prioridades coas que abordan o novo mandato, cuxo inicio, previsiblemente, estará marcado polo debate das contas.


"Como ocorreu en 2012", lembrou o ata agora portavoz do PPdeG en O Hórreo, Pedro Puy, aínda pendente de saber se Alberto Núñez Feijóo volve confiar nel para un posto que ocupa desde que relevou a Manuel Ruiz Rivas en 2011. E é que o PPdeG, como o resto de forzas, terá que organizar a dirección do seu novo grupo.


Puy sinalou que, dado que non se constituíu aínda a Cámara, a atención está centrada en preparar a investidura e comprobar que todos os deputados cumpran as normas para tomar posesión. Fronte ao temido 'rodete', incidiu na vontade de diálogo e lembrou que no último mandato foron posibles pactos con rivais políticos, como o PSOE e o BNG.


COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DE ANGROIS


Coa intención de centrar o traballo "na rúa" e levar "a voz da cidadanía" á Cámara parte En Marea, segundo explicou a Europa Press o seu portavoz e deputado electo, Luís Villares, quen aspira a construír "un proxecto nacional para Galicia" asentado en tres alicerces: "creación de emprego estable, benestar e loita contra a corrupción".


Entre as iniciativas prioritarias para En Marea están, por exemplo, o impulso dun plan de loita contra a pobreza e unha lei de comarcalización de servizos, e tamén a creación dunha comisión de investigación sobre o tráxico accidente ferroviario de Angrois.


"Se contamos co apoio de PSdeG e BNG poderemos levala adiante", asegurou.


ALIANZAS


E é que os os tres grupos da oposición están obrigados, polo seu número de deputados, a buscar alianzas para o impulso de iniciativas como a solicitude de comparecencias ou a creación 'automática' dunha comisión de investigación.


Así as cousas, no actual escenario de 75 escanos e unha maioría absoluta do PP de 41 fronte ao empate a 14 de escanos de En Marea (segunda forza en número de votos) e do PSOE, e un BNG con seis, ningún dos tres da oposición poderían pedir de forma automática unha comisión de investigación, a pesar da porta que abre o regulamento.


Mesmo para sumar os dous quintos da Cámara (30 deputados) que tamén permiten dar este paso sería necesario que se aliasen En Marea, PSOE e BNG.


Ante a proposta de En Marea sobre Angrois, PSdeG e BNG optan de momento pola prudencia. Así, a ata agora portavoz parlamentaria do PSdeG, Patricia Vilán, subliñou que será unha cuestión para debater e lembra que o novo grupo aínda non se organizou --a xestora propuxo como portavoz a Xoaquín Fernández Leiceaga--.


A portavoz do BNG, Ana Pontón, pola súa banda, defende que o "compromiso" da súa formación coa investigación de Angrois está "fóra de toda dubida" --os nacionalistas sempre apoiaron este tipo de iniciativas con anterioridade--, pero sinalou que se a proposta formalízase será analizada polo grupo antes de facer público un posicionamento.


OUTRAS INICIATIVAS E PRIORIDADES


Villares tamén avanzou outras iniciativas prioritarias para En Marea, por exemplo o "rescate" dos servizos "privatizados" no hospital vigués Álvaro Cunqueiro ou a "garantía" de que se practiquen interrupcións do embarazo nos hospitais do Sergas, á vez que insistiu na apertura para "dialogar con todos, mesmo co PP".


Na mesma liña situáronse Vilán e Pontón, quen en todo caso reivindicou a forza nacionalista centrará os seus esforzos en dar solución "aos problemas" dos cidadáns, que non "desaparecen pola maioría absoluta do PP". "Hai que falar máis dos problemas dos cidadáns e menos dos partidos", defendeu, antes de subliñar que o seu obxectivo será tamén "fortalecer" o proxecto do BNG para conseguir ser "alternativa" aos populares.


Entre as súas prioridades, aludiu ao impulso dun plan de retorno para os emigrantes, a aposta pola innovación ou o "aumento do poder político" de Galicia, tamén cun modelo "de plena capacidade fiscal".


Mentres, Vilán indicou que os temas fundamentais para o PSdeG veñen marcados polo propio programa electoral. Así, "á marxe dos orzamentos, que non tardarán en entrar", os socialistas incidirán "na recuperación dos servizos públicos e do estado de benestar". Outros dous asuntos que gañarán protagonismo no mandato, segundo o PSdeG, son a demografía e o transporte.


AMPLA RENOVACIÓN NA OPOSICIÓN


A Cámara quedará constituída o 21 cunha ampla maioría de caras novas na oposición (en torno ao 80 por cento), xa que se estrean nove dos 14 deputados socialistas, de En Marea só repiten os que foron parlamentarios de AGE na pasada lexislatura Antón Sánchez e Eva Solla; e do BNG, Ana Pontón e Montse Prado.


O PPdeG, pola súa banda, incorpora unha vintena de caras novas en relación ao grupo co que arrincou a anterior lexislatura, aínda que boa parte destes rostros xa son coñecidos por formar parte do Goberno de Feijóo, que incluíu a todos os conselleiros nas súas listas.


O deputado con máis experiencia parlamentaria é o que foi presidente da Cámara na última fase da IX Lexislatura, Miguel Santalices (PP), a quen boa parte dos seus ven con papeletas para repetir, pero a última palabra teraa Feijóo. Mentres, o parlamentario de maior idade será o exalcalde de Outes Carlos López Crespo (1949) e a de menor, Paula Quinteiro (Vigo, 1990), de En Marea.


Tras quedar constituída a Cámara e unha vez elixida, na mesma xornada, a Mesa --cuxa repartición de postos (tres de cinco serán para o PP, con maioría absoluta) quedará pechado a semana próxima--, o seu presidente terá que comunicarllo ao Rey, ao Senado, ao presidente do Goberno e ao presidente en funcións da Xunta.


A continuación, haberá que superar os trámites que desembocarán na sesión de investidura e a toma de posesión de Feijóo, que nomeará ao seu novo goberno xa en novembro.

relacionada Ellas y ellos ocuparán los asientos en el nuevo Parlamento
relacionada En Marea reparte as áreas de traballo na Cámara
relacionada ​A xestora do PSdeG propón a Leiceaga como portavoz parlamentario
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE