​Sete feridos nun accidente en Vigo

|

Vg20vigo


Sete persoas resultaron feridas nun accidente con tres turismos implicados ocorrido na VG-20, en sentido Navia, en Vigo.

Segundo informou este domingo o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 20,20 horas do sábado e, a consecuencia do golpe, os sete feridos necesitaron asistencia médica e foron trasladados ao Hospital Perpetuo Socorro e Fátima de Vigo.

En concreto, foi un dos implicados no accidente quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, foron mobilizados os servizos sanitarios de urxencias, os Bombeiros de Vigo, a Garda Civil de Tráfico así como o persoal de mantemento do Ministerio de Fomento.

relacionada ​La A-55 acumula accidentes en pocos días

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress