#Claves de la semana

A Deputación da Coruña anima os festivais internacionais a contratar música galega

A vicepresidenta da institución provincial aproveitou unha visita que fixeron progrmadores culturais de 19 países.


|

Deputacioncoruna


A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, instou aos representantes de festivais do mundo para "contratar" música galega, durante a visita que representantes destes eventos de 19 países, e que participan no programa Focus, realizaron á institución provincial.


No acto, e ante directores e directoras de festivais e grandes eventos e centros destinados á promoción e difusión da música en todo o mundo, Goretti Sanmartín destacou a "alta calidade da música" que se fai en Galicia, ademais de defender a "vontade" de contribuír á súa difusión internacional.


No seu discurso, a vicepresidenta da Deputación coruñesa remarcou que a música galega está a vivir "un momento excepcional" e subliñou que é necesario que esta se coñeza "máis aló das nosas fronteiras". "Para iso, os festivais de todo o mundo poderían ser un extraordinario escaparate", resumiu.


Entre os programadores que participan en 'Focus', atópanse festivais e centros culturais de Alemaña, Arxentina, Canadá, Chile, China, Corea, Dinamarca, España, EE.UU., Francia, India, Irlanda, Italia, Malaisia, Marrocos, Noruega, Polonia, Portugal e Reino Unido.

relacionada ​A Deputación da Coruña promocionará produtos gastronómicos galegos en Londres
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE