Alerta sobre a “precaria situación” dos traballadores sociais nos concellos

|

Traballo social pequenoO Colexio Oficial de Traballo Social remitiu un documento aos concellos galegos no que alerta da "precaria situación" na que se atopan estes profesionais, tras ter coñecemento de "numerosos casos de persoas dalgúns concellos con salarios por baixo dos 1.000 euros, sen complementos salariais e con concatenación de contratos".


Así o indica a presidenta do colexio, Marta Capeáns, que lembra que o novo marco de financiamento da Xunta "aumenta os módulos do plan concertado un 12 por cento".


"A contía do módulo pasa a estar dotada de 16.815 euros, pero quen ten que buscar as vías de aplicación para que isto chegue aos profesionais son os concellos", apunta Capeáns.


QUE OS CONCELLOS CUMPRAN COA LEI


A presidenta profesional remarca que a Lei de Servizos Sociais de Galicia "sinala que a administración promoverá a calidade no emprego e a estabilidade laboral das persoas profesionais de servizos sociais".


"O que pedimos aos concellos é o que recolle a lei: fórmulas legais para converter este financiamento en melloras salariais e en contratación de persoal novo para evitar unha mala atención a cidadanía", indica.


Paralelamente, Marta Capeáns lembra que "outra cuestión enquistada que debe abordar xa a Xunta" é a do decreto da Risga.


"Agora mesmo podes estar en situación de exclusión tendo un emprego e unha axuda como esta debe contemplalo", esixe o colexio profesional.

relacionada Un de cada catro galegos está en risco de pobreza ou exclusión social

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress