A nai de Diana Quer cre que a súa filla podería estar nos EEUU

|

Dianalopezpinel


Diana López, nai de Diana Quer, vén de solicitara SOSdesaparecidos que inicie unha alerta de procura da súa filla en EEUU. Joaquín Amills, presidente de SOSdesaparecidos, confirmou a Antena 3 que está a piques de entrar en vigor unha alerta internacional centrada nos estados de Tenesse, Virgina, Carolina do Norte e do Sur e Florida, seguindo unha hipótese da nai da moza que pensa "que podería estar nun destes estados con vida", informa a canle na súa web.


A alerta para os EEUU chega despois de que se lanzara a noticia da desaparición a toda Europa por parte de SOSdesaparecidos. Joaquín Amills tamén confirmou ao diario El Español que a extensión da alerta está motivada polos "recursos" dos que disporía Diana Quer para moverse ao estranxeiro, toda vez que a nai da moza insiste en que a súa filla está "retida en contra da súa vontade" e descarta totalmente unha marcha voluntaria.


Malia todo, os investigadores non pechan a porta a ningunha hipótese e as últimas informacións sobre o caso apuntan ao avistamento de Diana Quer no porto de Taragoña, acompañada doutros tres mozos. Alí baixaría dun coche para montar noutro, onde a esperaba, segundo as últimas informacións aparecidas en diversos medios de comunicación en base a declaracións de presuntas testemuñas, "un home de mala pinta". Non obstante, a nai da moza desaparecida restou credibilidade a estas informacións. 


relacionada ​Testemuñas aseguran ter visto a Diana Quer no porto de Taragoña
relacionada 50 días después, la madre de Diana se aferra a la esperanza de que su hija aparezca viva
relacionada ​Todavía no hay "una línea clara de investigación" sobre Diana Quer

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress