#Claves de la semana

Silva empraza a Rueda a falar "sen terceiros" do futuro do Pazo de Lourizán

A presidenta provincial descartou a participación neste encontro de representantes da empresa pasteira Ence. 


|

Carmelasilva


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu unha carta ao vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, ofrecendo posibles datas para unha reunión na que abordar "sen terceiros" os plans de futuro para o Pazo de Lourizán.


Con iso, a presidenta provincial descartou a participación neste encontro de representantes da empresa pasteira Ence, xa que do patrimonio público "non fala con empresas privadas", segundo Silva.


A presidenta provincial asegurou que a presenza de directivos de Ence neste encontro institucional "non ten sentido" porque, segundo Carmela Silva, "non teñen nada que ver" co Pazo de Lourizán, cuxa titularidade é da Deputación e que está cedido á Xunta, administración que ten por obrigación o mantemento e a rehabilitación deste histórico inmoble.


"Que Rueda traia toda a documentación e as propostas que considere que temos que tratar", dixo Silva, que reiterou que o pazo que fose residencia do presidente do Goberno, Montero Ríos, é agora "dos veciños de Pontevedra" e que, por tanto, as reunións para tratar o seu futuro teñen que ser entre administracións públicas que xestionan o patrimonio dos pontevedreses.


Carmela Silva volveu a mostrar o seu enfado co vicepresidente da Xunta en funcións pola reunión que mantivo cos deputados do PP no Pazo Provincial, na que, ao seu xuízo, "saltouse os principios básicos da democracia e do respecto ás administración públicas". Silva advertiu que "se considera que esta é a forma de relacionarse" a partir de agora o PP "terá a mesma resposta" e o goberno provincial empezará a reunirse coa oposición nos concellos gobernados polos populares.


"NON ÁS TERCEIRAS ELECCIÓNS"


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, avogou pola abstención do seu partido na investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno, baseándose no prognóstico de que uns novos comicios supoñerían "máis Rajoy e máis PP".


Tan só dous días despois de que o PSOE andaluz defendese abertamente a abstención, este mércores a socialista viguesa resumíu a súa postura nun "non ás terceiras eleccións".


"Eu quero canto menos PP mellor e canto menos Rajoy mellor", insistiu, e sinalou que esta lexislatura os populares van sufrir " bastante" ao non poder "aplicar o rodete da maioría absoluta". En cambio, augurou, se se repiten as eleccións, "haberá moito máis PP e menos PSOE".

relacionada Ence donará 180 millóns para fins sociais durante os 60 anos que siga na ría
relacionada Silva "convida" á Xunta a dialogar sobre os plans con Ence para o Pazo de Lourizán
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE