Coñeces a orixe do mel que comes?

|

OrixemelSLG


O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) fixeron entrega este mércores na Xunta dun escrito para que reclame ao Goberno central unha etiquetaxe "transparente" sobre a procedencia do mel.


Así, a secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba, e o secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Xesús Asorey, rexistraron en San Caetano senllos documentos ás consellarías do Medio Rural e Industria para que demanden ao Estado os "cambios lexislativos necesarios" co fin de que na etiqueta do mel se detalle, entre outras cousas, o país de orixe do produto.


Os asistentes portaron carteis nos que se podería ler: 'Coñeces o país de orixe do mel que comes?'. Tras iso reuníronse coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, para expoñerlle a problemática denunciada.


MESTURA DE MELES


Esta iniciativa enmárcase na campaña que leva a cabo en toda España a Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) para que o Goberno determine a obrigatoriedade da procedencia e así evitar que mesturas de produción española ou europea con outras de países asiáticos se comercialicen coma se fosen da UE.


A campaña arrincou este mércores con concentracións en todas as capitais de provincia, nas que os apicultores regalaron botes de mel aos viandantes para concienciar sobre a "estafa" á que están sometidos na actualidade cando compran mel e sensibilizalos para que esixan que o produto indique a súa orixe.


Así, denúnciase que "as grandes operadoras estatais están a comprar mel chinés de dubidosa calidade a prezos de miseria, inferiores a dous euros o quilo, ao que lle engaden unha ínfima parte de mel de países europeos onde tamén se compra barato, como Romanía, e o etiquetan finalmente como "mestura de meles UE-non UE".

relacionada Las abejas de O Baixo Miño y O Val Miñor viven aterradas por las avispas asiáticas
relacionada ​Unha planta de Melide será capaz de procesar 300.000 toneladas de leite ao ano

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress