#Claves de la semana

Unha Cidade Deportiva para o Celta

Mouriño aludía á devandita cidade deportiva ou unha Universidade do Deporte xestionada polo club vigués durante as súas declaracións do martes, e laiábase da “falta de motivación para continuar co proxecto”.


|

Abelcaballero5


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de propor ao presidente do Celta, Carlos Mouriño, colaboración para construír unha “grande cidade deportiva” para o club celeste. Así responde o rexidor da cidade olívica ás declaracións do presidente, que afirmou en roda de prensa que se o Celta non podía comprar Balaídos para explotalo comercialmente, deixaría a presidencia do club.


Caballero foi taxante na súa negativa a vender Balaídos, un estadio, dixo, que “é e seguirá sendo público”, toda vez que puxo o edificio a total disposición do club para o seu uso. Ademais, o rexedor lanza agora outra proposta que consistiría no apoio do Concello ao “plan dunha universidade deportiva”, subliñou Caballero. Mouriño aludía á devandita cidade deportiva ou unha Universidade do Deporte xestionada polo club vigués durante as súas declaracións do martes, e laiábase da “falta de motivación para continuar co proxecto”.


Caballero espera poder falar con Mouriño destas inquedanzas durante o partido de hoxe do Celta contra o Ajax, como manifestou en declaración aos medios: “Teño charlas co presidente do Celta de xeito continuo, pero agora é un bo momento para ter unha charla tranquila e ver como están as cousas no Celta”.


Dixo tamén estar disposto a abordar con Mouriño, ao que calificou de “amigo”, a construcción desa Cidade Deportiva para o club “sempre dentro da legalidade e dacordo coas normas, coas leis e o plan de urbanismo”. A cesión dos terreos para a Cidade Deportiva fora postergada polo Concello e leva tempo sendo a gran petición de Mouriño, pero logo do órdago enviado o martes polo presidente do Celta, polo cal de non poder facerse co estadio veríase “obrigado” a vender o club a inversores chineses, parece que a decisión de Caballero está agora máis preto de materializarse.


“Comprendo que necesiten unha nova cidade deportiva. Teñen a nosa cooperación, porque ademáis nese caso liberaríamos os campos da Madroa, que pasarán a ser usados pola cidade, que fan moita falla. Unha nova Cidade Deportiva sería moi boa para o Celta, pero tamén para a cidade”.


Así as cousas, o rexedor vigués remarcou que a relación entre o club e o Concello ha de ser “desde o ámbito do diálogo aberto e franco” e mostrouse “disposto” a tratar cuestións como o proxecto da cidade deportiva e o da universidade deportiva. ”O Celta ten unha cidade deportiva que é unha concesión da cidade. Se quere unha mellor e máis grande, a nosa cooperación ten que ser de acordo coas normas, as leis e o plan de urbanismo”, apostilou.


Trátase dun proxecto que, mantivo, saudou “con moito agrado” cando foi exposto pola directiva do club porque, ademais de “ser moi boa para o Celta”, supoñería liberar os campos actuais para o seu uso directo pola cidade. Ademais, engadiu que “se queren facer unha universidade deportiva, -pareceríalle- espléndido”. “A nosa cooperación tamén”, concluíu.

relacionada Caballero: "El estadio de Balaídos es público y seguirá siendo público"
relacionada ​Mouriño quiere que Balaídos sea propiedad del Celta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE