A familia de Iván Durán pide que se reactive a súa busca
Despois de dous meses desaparecido, a familia do mozo de Baiona pide que o xulgado declare a súa incapacidade psicológixica para retomar a busca.
//CRTVG
O pai de Iván Durán ten a seguridade de que o seu fillo non marchou da casa por vontade propia, e pretende que o xulgado declare a súa incapacidade psicolóxica para retomar a busca, que de momento está paralizada.
Segundo declarou a familia á CRTVG, uns informes médicos de hai dezaoito anos permitirían sospeitar que Iván padece brotes psicóticos, posto que na familia tamén hai antecedentes de esquizofrenia.
As batidas que se fixeron polos montes de Baiona en agosto e setembro quedaron paralizadas pero poderían retomarse se se declara a incapacidade psicolóxica do desaparecido.
Escribe tu comentario