#Claves de la semana

​O BNG pide á Xunta que denegue o vertedoiro de Lousame, que ve "unha bomba ambiental"

Insta a "superar" o modelo de incineración e promover un novo plan para a xestión do lixo. 


|

Lousamevertedoiro


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou á Xunta de Galicia que denegue a construción dunha planta de xestión e vertedoiro de residuos industriais en Lousame (A Coruña), que cualificou como "unha bomba ambiental".


Na súa visita á zona, considerou "unha barbaridade" que se queira situar un vertedoiro destas características "nun monte". "E nunhas condicións de terreo non adecuadas", expuxo, tras advertir da posible contaminación da auga que consomen os veciños.


Mentres, dixo que proxectos así evidencian "que hai un colapso do sistema Sogama". "Un sistema insustentable desde o punto de vista ecolóxico", recalcou. Pontón apelou, ademais, á "responsabilidade directa" da Xunta, á que reclamou un novo plan de residuos en Galicia.


"SUPERAR" A INCINERACIÓN


Así, defendeu a necesidade de "superar o modelo da incineración" e rexeitar proxectos como o de Lousame que, ao seu xuízo, supoñen "unha bomba ambiental" por situar nun monte "toneladas de lixo".


Na mesma liña, pediu "escoitar" aos veciños, á vez que recalcou que "se incumpre a lexislación cando se depositan residuos sen tratar".

relacionada O vertedoido de Lousame ameaza a saúde e unha ducia de granxas
relacionada Senra denuncia en Bruxelas "carencias" no informe sobre o vertedoiro de Lousame
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE