As series galegas triunfan no mercado internacional

|

Obarsuizo


Así o indicou, a través dun comunicado, a TVG, con motivo da chegada para partir do 25 de outubro a Rusia dunha destas series, 'Serramoura', adquirida por AXN SciFi e que está a ser dobrada ao ruso en Moscova.


A serie, que se comercializa internacionalmente baixo o nome de 'Black Forest', foi tamén vendida á canle latina VM nos Estados Unidos.


Ademais desta serie, a televisión pública galega vendeu ao estranxeiro outros produtos. En concreto, en 2015, a RTP, televisión pública portuguesa, fíxose cos dereitos para emitir sériea 'Hospital Real' e a miniserie 'O Códice'.


Recentes negociacións fixeron posible tamén que 'Hospital Real' vaia a chegar a destinos como Estonia, Dubai e Emiratos Árabes Unidos; mentres que 'O Códice' se emitirá en Lituania e Singapur.


COLABORACIÓN CON PORTUGAL


O achegamento entre a TVG e a RTP pon de manifesto a estreita colaboración entre ambas as televisións, que están actualmente coproducindo unha nova serie de corte histórico, 'Vidago Palace', que empezou a gravarse este mes no balneario portugués de Vidago e xa ten asinado un acordo de distribución internacional en Italia e Polonia.


Tamén a serie de animación da TVG 'Os Bolechas' emítese desde xaneiro de 2015 na RTP baixo o título 'Os Bochechas', que é como se coñece no país a estes personaxes.


Outra serie da TVG, 'O Faro', foi vendida en 2015 ao grupo de comunicación iraniana Gem TV para ofrecerse pola canle Rubix TV en países como Irán e Iraq. Esta serie tamén foi vendida á distribuidora Tanweer Universe para Grecia.


En xullo do ano pasado, TVP Regionalna, organización que agrupa 16 estacións de televisión pública rexional en Polonia, chegou a un acordo coa TVG para comprar os dereitos de emisión da serie 'Terra de Miranda'.

relacionada ​O 60% dos actores galegos viven por baixo do limiar da pobreza

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress