#Claves de la semana

​Feijóo defende o uso hostaleiro para o castelo de Monterrei

Subliñou que o Executivo autonómico "segue pensando" que o parador é "a decisión correcta" e destacou que a proposta contribuíu á conservación do castelo, que "estaba a se deteriorar".


|

Castillomonterrei


O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a licenza do castelo de Monterrei ratifica o seu uso hostaleiro e só determina que debe haber "dez habitacións e non doce".


Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo subliñou que o Executivo autonómico "segue pensando" que o parador é "a decisión correcta" e destacou que a proposta contribuíu á conservación do castelo, que "estaba a se deteriorar".


Agora, a "maior parte da superficie", excepto as habitacións, poderá "seguir sendo" visitado polos cidadáns e estará "dentro da guía dunha das mellores redes hostaleiras de España e Europa". "Que é pública, por certo", apostou.


"E a sentenza, se eu non estou mal informado, o que di é que no canto de doce habitacións ten que haber dez", remarcou, en alusión a que haberá que modificar os espazos para adaptarse ao mandato xudicial.


LOUSAME


Sobre o proxecto do vertedoiro de Lousame e as protestas contra o mesmo, asegurou non ter información respecto diso, pero asegurou que lle "sorprende" que estes conflitos "xurdan agora" e que non se colocasen sobre a mesa cando había gobernos "doutra cor política" en Noia e non do PP.

relacionada Anulada a licencia para converter o castelo de Monterrei nun parador
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE