#Claves de la semana

​Empate do Celta ante o Ajax

Os holandeses souberon darlle a volta ao marcador na súa contra e empataron 2-2. 


|

Celtaajax


Celta e Ajax protagonizaron onte un partido eléctrico na terceira xornada da UEFA Europa League. Os holandeses adiantáronse ata en dúas ocasións, pero os celestes replicaron os goles rivais con goles de Fontàs e Orellana, este último cando o partido achegábase ao seu fin.


Balaídos gozou dun primeiro tempo trepidante. O RC Celta fíxose enseguida coa posesión do balón e lanzouse ao ataque con perigosos achegamentos, como un remate de Guidetti aos tres minutos de xogo ou outro de Sisto pouco despois. Cando máis dominaban os celestes chegou o tanto holandés. Foi nunha veloz contra que, con calidade e perfecta definición, finalizou exitosamente Ziyech.


Os de Berizzo non tardaron en igualar o marcador. Tras unha advertencia de Roncaglia, que terminou co balón golpeando o lateral da rede, o central Andreu Fontàs rematou de espuela un bo centro de Lemos ao corazón da área. O Celta mantivo o control do partido ata o descanso.


Tanto ou máis emocionante foi a segunda parte. O cadro olívico mantiña a superioridade, aínda que non tan holgadamente. Os de Berizzo puideron adiantarse no marcador, pero foi de novo o Ajax o primeiro en golpear. No minuto 70 Younes recolleu o balón, avanzou cara á portería sen oposición e marcou cun disparo colocado ao segundo pau. Xerro de auga fría en Balaídos, que aínda así non veu abaixo. Non baixou os brazos o equipo galego e obtivo o seu merecido premio. No minuto 82 Orellana fixo explotar de alegría á afección céltica cun auténtico golazo que supuxo o definitivo empate 2-2. O Celta mantense invicto en Europa. E todo a só dous días do derbi galego.

relacionada Un pai do Celta e un fillo do Dépor protagonizan o spot do derbi galego
relacionada O derbi galego, o próximo 23 de outubro ás 12:00h en Balaídos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE