#Claves de la semana

O luns ponse en marcha a campaña de vacinación contra a gripe

Iníciase o luns 24 de outubro e pecha o 23 de decembro, e está dirixida, sobre todo, aos maiores de 60 anos. 


|

Vacunas


A secretaria territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro, e o xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Ramón Ares, presentaron este venres a campaña de vacinación na provincia de Lugo, que se inicia o luns 24 de outubro e se pecha o 23 de decembro, e que contará con 162 puntos de vacinación.


O xerente do HULA concretou que este ano se habilitan 162 puntos de vacinación en toda a provincia, entre eles "os centros de Atención Primaria e Especializada do Sergas, os centros médicos e consultas privadas e a residencias da terceira idade, pública ou privadas".


"Tamén estará dispoñible nas unidades asistenciais de Drogodependencias, nos centros penais (dous en Lugo), nos centros de menores e discapacitados ou nos fogares da terceira idade", debullou no marco dunha rolda de prensa.


Por outra banda, a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dourado, presentou este venres a campaña de vacinación antigripal que a Consellería de Sanidade poñerá en marcha o luns día 24 en toda Galicia, no marco da cal a provincia ourensá contará con 185 puntos de vacinación.


En rolda de prensa, Dourado destacou o dato que inclúe o cartel informativo deste ano que incide en que "no pasado inverno máis de 1.700 galegos ingresaron na pasada tempada de gripe, moitos en coidados intensivos, a maioría non vacinados".


Tamén as autoridades sanitarias da área coruñesa instaron a vacinarse contra a gripe e lembraron que o ano pasado faleceron na provincia da Coruña 59 persoas pola gripe ou complicacións derivadas da mesma.


En rolda de prensa, a xefa do Servizo de Medicamento Preventivo e Saúde Pública da Xerencia de Xestión Integrada, María José Pereira, sinalou que o ano pasado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) houbo "474 casos de diagnóstico de gripe, o 28% dos hospitalizados en toda Galicia", dixo sobre os ingresos que houbo na comunidade autónoma galega por esta causa.


MAIORES DE 60 ANOS


A campaña de vacinación diríxese, sobre todo, aos maiores de 60 anos, "especialmente aos de máis de 65 anos", ademais de priorizarse para o persoal sanitario ou "persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade como policías ou bombeiros".


Na campaña actual, Sanidade inviste case 1,9 millóns de euros na adquisición de 530.000 dose antigripal. Os resposables sanitarios consideran que para lograr os obxectivos en Ourense ao longo de toda a campaña haberá que administrar 69.804 dose.


Coa campaña actual Sanidade pretende alcanzar unha cobertura do 65 por cento na poboación de 65 ou máis anos e, do mesmo xeito que nos últimos anos, farase especial fincapé na vacinación do persoal sanitario.

relacionada A gripe provocou 25 falecementos
relacionada 530.000 doses de vacina antigripal para a campaña que comeza o 24 de outubro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE