#Claves de la semana

Aviso por fortes chuvias e posibles inundacións

Esta fin de semana agárdanse en Galicia tormentas que poden descargar gran cantidade de auga nunha soa hora.


|


Inundacionredondela



A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias activa en Galicia o aviso polas fortes choivas que se producirán esta fin de semana e que poderán acumular ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. As tormentas afectarán "especialmente" tamén a outras comunidades autónomas, como Aragón, Estremadura, Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña e illas Baleares.

Ante esta predición, Protección Civil lembra que existe risco de inundación se empeza a chover de maneira torrencial e que non se debe atravesar co seu vehículo, nin a pé, os tramos alagados e localizar os puntos máis altos da zona así como non tratar de salvar o automóbil no medio dunha inundación.

Ademais, sinala que dado o difícil prognóstico dos fenómenos tormentosos nesta época do ano, aconsella permanecer informado da evolución dos cambios meteorolóxicos e seguir as recomendacións das autoridades locais.

Así mesmo, ante as choivas intensas recomenda aos condutores que diminúan a velocidade, extremen as precaucións e non se deteñan nas zonas onde poida discorrer gran cantidade de auga e viaxar preferentemente por estradas principais e autoestradas.

En caso de tormentas súbitas e choivas intensas é preciso ter en conta o lugar onde se aparcan os vehículos porque o rápido ascenso do nivel das augas pode danar os vehículos que estean aparcados sobre zonas inundables e arrastralos, provocando danos a bens alleos e mesmo obstaculizar o fluxo natural da corrente.

Finalmente, a quen se atopa no campo, Protección Civil recomenda afastarse dos ríos, torrentes e zonas baixas de ladeiras e outeiros e evitar atravesar os vaos alagados. Igualmente, debe dirixirse aos puntos máis altos da zona e, en todo caso, manterse informado en todo momento da posible evolución dos cambios meteorolóxicos.

relacionada ​Noche de incidencias por el mal tiempo otoñal
relacionada ​Lugo sofre inundacións e problemas de tráfico polas tormentas de verán
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE