#Claves de la semana

​O retrato do Padre Carballo, en 150 palabras

O veciño máis universal de Lodoselo, nomeado polo Papa Francisco Secretario da Congregación Vaticana para os institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, estivo en Mondariz presentando o seu libro. 


|

IMG 2468

Alberto Núñez Feijóo, con José Luis González-Besada, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés. //Foto: ECG


A Galicia de Enrique Beotas, -- esa que exalta os galegos que, por un motivo ou outro, se senten emigrantes pero, en contrapartida, seguen a ter en Galicia o seu fogar e o seu orgullo--, reuniuse o venres en Mondariz para conmemorar o desaparecido xornalista e facer entrega dos galardóns que levan o seu nome, ademais de presentar un libro moi especial, o do ‘Padre Carballo’, un retrato do veciño de Lodoselo máis universal, no que se retrata en 150 palabras, e que leva por título ‘Fray José Rodríguez Carballo, Armonía Vital’.


Os II Premios Enrique Beotas foron asignados á presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor Julián, que non puido asistir á cerimonia, na categoría da Rebotica; a José Luis González-Besada, director de Comunicación de El Corte Inglés, na categoría de Comunicación e Relacións Institucionais; e a Rosa Vilas, a directora de TVG, na categoría de Entrevista.


Na súa intervención, o presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou de Rosa Vilas que é “unha galega universal” e abundou na súa faceta de xornalista que “plasma a súa vocación de servizo público e o seu compromiso co país a través da dirección da CRTVG”. A directora da CRTVG tivo na súa intervención palabras de cariño cara ao finado Enrique Beotas, do que destacou a súa capacidade como entrevistador: “era capaz de espir ao entrevistado sen que este se decatara”.


Feijóo subliñou que ademais de Roma e Lodoselo, Rodríguez Carballo terá tamén un fogar na Sexta Provincia descuberta polo inesquecible Enrique Beotas.


O RETRATO DO PADRE CARBALLO


As vivencias, reflexións e opinións do Padre Carballo quedan recollidas no libro Fray José Rodríguez Carballo, armonía vital, un volumen que retrata, a través de 150 palabras ao actual secretario da Congregación Vaticana para os institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, e do que existen únicamente 1.500 exemplares numerados.


O padre Carballo comezou dando as gracias á Súa Santidade o Papa Francisco, que escribíu o prólogo do seu libro, baixo o título “Obispo e Pastor: cercano, fraterno e centrado en Cristo”. Neste prólogo, o Papa agradécelle ao Padre Carballo o seu servizo, así coma do trato de pai-fillo que manteñen.


RETRANCA


Neste libro hai momentos para a reflexión, pero tamén para a ilusión, a alegría e como non, para a tan galega retranca. O padre Carballo define 'retranca', unha desas 150 palabras recollidas no libro, coma “a arma que temos sempre a man os galegos para defendernos e que fala de sabiduría e certo humor”. Conta a continuación que o Papa Benedicto lle preguntara en que beira do Río Jordán se situaba o bautismo de Xesús, ao que Fray Carballo lle respondeu como bo galego “depende”. “Como que depende?” respondeulle o Papa. “Si, Santidade. Depende do lugar onde estaba Xesús cando dixo ao outro lado do río Jordán”.


Conta tamén que nunha ocasión estaba un “pintor de brocha gorda” blanqueando un corredor do Convento de San Francisco de Santiago, e el, que era o superior naquel momento, despois de observar como quedaba e facer unha sinal de certo descontento, preguntoulle ao obreiro: “Que tal queda o corredor?”. O obreiro, que lle vira o xesto ao padre Carballo, contestou: “Digamos que digamos, pero tampouco digamos que non digamos”. Este episodio descríbeo Carballo como “un perfecto exemplo da retranca galega, que neste caso non era outra cousa ca unha defensa ante un posible reproche pola miña banda”. 


Librocarballo


GALEGO


O padre Carballo ten tamén palabras para describir "a lingua que aprendeu de neno e á que non renuncia". Fai tamén alusión a termos que afirma, non teñen tradución, tales coma "maiciña, graciñas, saudade ou morriña". E engade: "o galego non se compón só de palabras e sonidos, para min é a lingua dos sentimentos máis íntimos, a lingua do corazón e que chega ao corazón. Ten sabor a fogar, a familia". 


Así continúa o padre Carballo, coa súa visión persoal de 150 termos ordeados a modo de dicionario, entre as que se atopan aborto, arrogancia, comunismo, islamismo, muller, riqueza, Sarreaus, tortilla (da cal di é un dos seus pratos "favoritos", sobre todo a que fai a súa irmá Josefa: con patacas da Limia e ovos de Lodoselo), violencia ou xenofobia, entre outros. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE