Ryanair fala galego

|

Ryanair 2


O portal Galicia Alive, unha web para galegos no exterior, publica unha información na que relata como un pasaxeiro que voaba coa aeroliña Ryanair o domingo día 23 de outubro, entre a capital galega e Barcelona, escoitou o demo de seguridade para o despegue en galego, e publica o audio en cuestión onde se pode escoitar a un azafato utilizando a nosa lingua para dar as instrucións de cabina aos pasaxeiros. 


Esta práctica non é algo habitual posto que as instrucións de cabina adoitan dárse no caso de voos domésticos dentro de territorio español, en español e tamén inglés. Porén, María Seijas, Coordinadora de Air Hostess Santiago, afirma que "xa ten pasado nalgún outro voo de Air Europa e Iberia", aínda que admite que non é "o habitual". Seijas explica que esta práctica é máis común no Nadal ou Noiteboa, cando as galegas e galegos no exterior "voltan ás súas casas" para reecontrarse coas familias. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress